O alumnado de 5º e 6º de Primaria foi de visita a Celanova o día 13 de Outubro.
Efrén contoulles que alí verían moitas cousas interesantes e atoparían moitas sorpresas. Unha delas foi a marabillosa Biblioteca do IES Celso Emilio Ferreiro, unha das máis fermosas que el visitara.
O alumnado pasou unha mañá moi fermosa visitando lugares tan fermosos como o Monasterio de San Salvador, a Capela de San Miguel ou a Casa dos Poetas.
O MOSTEIRO
Popularmente coñecido como mosteiro
de San
Rosendo, é un dos maiores exemplos do esplendor barroco galego
dos séculos XVII e XVIII. Consta de dous claustros, unha igrexa e
unha torre
abacial. O primeiro dos claustros (de carácter procesional e
asentado onde anteriormente puido existir outro de estilo románico) comezouse
no século XVI e rematouse no XVIII. É obra de varios autores (entre eles,
Rodrigo Gil de Hontañón e Antonio Palacios). Posúe unhas magníficas bóvedas
tardogóticas edificadas no XVI, así como unha exuberante decoración barroca do
século XVIII de influencia compostelá hacia o patio interior. O segundo dos claustros
(coñecido como “Poleiro”) rematouse tamén no XVIII (concretamente, no 1722).
Destaca aquí a enorme balconada e a biblioteca. Hoxe, este segundo claustro
alberga un centro de estudos de secundaria.
O que máis sobresae de todo o conxunto monacal da Idade
Moderna é a igrexa, comezada no XVII
e rematada no XVIII. Aséntase nun lugar onde debeu haber previamente
construcións medievas que se perderon coas reformas levadas a cabo durante os
séculos XVI a XVIII. Na devantida igrexa, sobresaen o retablo
maior (atribuido a Castro Canseco), dúas
sillerías (dos séculos XVI e XVIII, respectivamente) e
unha relevante caixa de órgano con
dúas fachadas de estilo rococó (obra do século XVIII). Dentro de dita caixa,
ubícase un órgano de comezos do século XXI habilitado para a celebración de
concertos.
Enlaces interesantes
http://www.terradecelanova.com/html/san_rosendo.htm
https://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_San_Salvador_(Celanova)
https://www.youtube.com/watch?v=hGMGunTlJco ( O segredo de San Miguel de Celanova )
Enlace moi interesante sobre o Mosteiro
https://www.youtube.com/watch?v=z-JiIfGGig0&t=2s
CASA DOS POETAS
Museo e casa natal do poeta
Manuel Curros Enríquez, adicado a promover a literatura de Celanova e sede da
Fundación Curros Enríquez.
A planta Baixa acolle una exposición
didáctica permanente sobre os poetas Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio
Ferreiro. Na primeira e segunda planta existen espacios destinados á
realización de actividades e una sala de esposicións temporais.
O inmoble sitúase no número 37
da rúa que leva o nome do poeta. Está formado por dous edificios: un coa
estrutura dunha casa tradicional galega (onde se conserva a lareira e a cheminea)
e outra parte de características máis urbanas (na que se inclúe a fachada). A
fundación conta cunha exposición permanente onde se fai un percorrido pola vida
e obra do recoñecido autor. Tamén se repasan momentos importantes da época
(século XIX e comezos do XX) e se fai un achegamento a algún autores
celanoveses que, xunto a Curros, lle dan nome ao lugar (“Casa dos Poetas”).
Entre eles, está Celso Emilio Ferreiro.
ENLACE
BIBLIOTECA DO IES CELSO EMILIO FERREIRO
A Bilioteca do IES Celso Emilio
Ferreiro ten o seu espazo físico na antiga biblioteca dos monxes do clautro
novo do Mosteiro de San Salvador, que se coñece na comarca como “ Claustro do
Poleiro ”.
O Poleiro é o lugar onde soben as
pitas a durmir, polo que á balconada corrida, similar á dos pazos galegos, que
percorre tres dos lados do claustro e permite que na primeira altura haxa en
realidade dúas plantas, denominouse así.
Era o lugar de residencia dos
novicios ( poderíanse considerar “poliños ”). Hoxe está repleto de pitiños
adolescentes do século XX.
ENLaCE
Ningún comentario:
Publicar un comentario