Por fin, despois de dous anos de pandemia, puidemos retomar a nosa Romaría das Letras, que vai na súa décima ou undécima edición. Aí é nada!
As familias volveron achegarse ao colexio para acompañarnos na celebración das nosas Letras e gozar coas actuación que cada clase tiña preparadas.
Todo un éxito, vaia!
E despois dos nervios e da emoción , o mellor é ir de merenda!
Un xantar ao aire libre con comida sá e de proximidade!
Viva a nosa lingua!
Vivan as nosas Letras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario