Todo o que falabamos na entrada anerior é moi fermoso e bucólico: augas azuis, paisaxes fermosas, praias de augas trasparentes... Pero a realidade dos oceanos é outra ben distinta, e moi preocupante. OS OCEANOS ESTÁN ENFERMOS!.
Pola súa superficie e as súas profundidades circulan enormes cantidades de lixo que están a ocasionar moitos prexuizos nos ecosistemas mariños. Os plásticos acumúlanse en tal cantidade que acaban formando verdadeiras illas, algunhas máis grandes que países coma Franza, que se forman arrastradas polas correntes.
O lixo acumúlase en todos os oceanos, pero a mancha máis grande está no Pacífico, entre a costa de California e as illas Hawaii.
Todo o lixo procede da terra, porque os humáns tiramos os desperdicios á auga a través dos sumidoiros, os ríos ... e sempre acaban chegando ao mar, onde o problema máis importante é que tanto os peixes como as aves se están alimentando deles e, por suposto, intoxicándose.
É importante que saibades que todos, dende o noso pequeno punto do planeta, podemos facer algo moi grande , simplemente deixando de tirar lixo ao chan e nas correntes de auga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario