Primeiro, tanto o alumnado coma o profesorado reflexionamos sobre o patio que soñamos , o que queremos e, o máis importane, o que resulta factible conseguir.
O patio pode transformarse nun elemento clave para a integración de todo o alumnado, e ademáis a súa transformación pode ser unha oportunidade de traballo colectivo, para unir a toda a comunidade educativa.
E neso estabamos, asistindo a obradoiros, contactando con empresas especialistas nestes temas e poñendo as nosas ideas en común.
Na ligazón que tendes embaixo podedes ver os nosos progresos.
https://docs.google.com/presentation/d/1SHMHZuMiRAq8P0KkhdnmIcD4gUFgALBv_WOmOevsTGw/edit?usp=sharing
Ningún comentario:
Publicar un comentario