Será por iso que amamos as árbores, as plantas e os animaliños grandes e pequenos.
Pero ultimamente notamos que a Nai Terra está un pouco triste ... Non a vemos sorrir. e iso preocúpanos.
Por iso, xs nenxs de E. Infantil quixeron darlle apertas e aloumiños, para que saiba que nos preocupamos por ela e que sempre imos loitar para que a respecten e non a manquen.
A aprendizaxe debe construirse dende o coñecemento do entorno máis próximo. Por iso,
pedimos ás nenas e nenos de E Primaria que, cando saísen a pasear, fotografasen árbores e plantas do seu arredor e aprendesen os nomes. Porque resulta máis doado coidar o medio ambiente se o coñecemos e lle chamamos ás cousas polo seu nome.
E para ver cantos nomes de árbores aprenderon, nada mellor que un xogo coas fotos que mandaron:
E tamen atoparon moitas plantas. Cantas podedes recordar?
Ningún comentario:
Publicar un comentario