Sabedes que é unha "árbore senlleira"?
Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada unha reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e que ten valor científico, cultural, botánico, paisaxístico ou ornamental

No barrio ourensán de As Lagoas podemos admirar a única árbore da cidade que esta inscrita no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. A sobreira de Loña
Aínda que moitxs ourensáns non coñezan este magnífico exemplar de sobreira, non é unha árbore calquera.
Leva dando sombra dende hai máis de 400 anos e hai 10 anos foi obxecto dunha homenaxe por parte da Fundación Felix Rodríguez de la Fuente, por iso ao pe da sobreira hai unha placa de recordo..

Altura: 21.4 metros
Perímetro do tronco: 7.27 metros
Diámetro da copa: 22.85 metros
Non está situada no mellor sitio, parece estar "castigada, mirando á parede" pois está pegada ao muro do CEIP Manuel Sueiro, inxustamente arrinconada, a pesares de ser un monumento natural
Ningún comentario:
Publicar un comentario