E nada mellor que aproveitar a motivación xenerada pola manifestación mundial do día 27 en defensa da Terra para presentar o noso proxecto, que titulamos "R que R que R"
Con el pretendemos:
Concienciar e sensibilizar as nenas e nenos ante os problemas medioambientais en temas como a enerxía, o aire, a auga, os recursos naturais, a paisaxe ...
Fomentar o interese polo coidado e mellora da contorna
Desenvolver a capacidade para aprender sobre o desenvolvemento sostible
Ampliar os coñecementos sobre os ODS, que inclúen non so a defensa do medio ambiente e a loita contra o cambio climático , senón tamén a eliminación da pobreza, a educación inclusiva, a igualdade da muller ...
Ao longo da semana, xs nenxs reflexionaron sobre o coidado e protección do medio ambiente e realizaron cartaces sobre ecoloxía .
O venres todxs viñeron ao cole cunha camiseta verde . Xuntámonos na Biblioteca e proxectamos varias curtas sobre o medio ambiente. Cantamos a canción "Quero ser ecoloxista" de Pablo Díaz .
Saímos ao patio cos cartaces e fixemos un minuto de silencio pola Terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario