venres, 21 de xuño de 2019

Cantigas de Alongos

Para conmemorar os 150 anos da Gramática Galega de Juan A. Saco e Arce, decidimos reescribir e ilustrar as cantigas, romances e outras pezas que o escritor recompilou polas terras de Alongos e  que forman parte do seu libro "Literatura Popular de Galicia" . Por iso o titulamos Cantigas de Alongos.
Para editalo precisabamos financiación e a Deputación ofreceunos a súa imprenta. O día 18 fixemos a presentación do noso traballo e entregamos unha copia a cada familia.

D. Juan Luis Saco, un dos descendentes do noso escritor, non quixo perderse o acto. Tamén nos acompañaron o inspector de educación, algunhas familias,  dous representantes do Concello e D. Manuel Doval, que puxo a imprenta da Deputación a nosa disposición.


E que vos parece o mural que pintamos na fachada? Regalóunolo o Concello.
Quedou moi chulo, verdade? Nel, Efrén recórdanos a data a conmemorar.

1 comentario:

  1. Como veciña de Alongos e antiga mestra do cole, dígovos que sodes merecedores dunha cadeira na RAG. Tomei nota das cantigas, ando cantándoas polas corredoiras do meu pobo e á carón do río. Grazas por escribilas e ilustralas con tanto tino. Douvos uns merecidos parabéns. Nunca deixedes de cantar! ;-)

    ResponderEliminar