Novembro é o mes da ciencia na biblio. Por suposto ciencia en galego.
O recuncho de ciencias da nosa biblioteca énchese de "pequecientíficxs" de todas as idades . Tratamos de propoñerlles experimentos divertidos, que activen a súa ansia de saber .
Tamén facemos unha selección de libros de divulgación científica aos que podedes acceder premendo neste enlace
Este ano, todos os experimentos que seleccionamos tiveron que ver co noso proxecto anual: o desenvolvemento sostible.
Estas foron as experiencias que eliximos:
1.-Desalinizar auga
Primeiro comprobamos que si se pon auga salgada nun recipiente, ao cabo dun tempo a auga evapórase e quedan os cristais de sal. Desta maneira obtense o sal de cociña nas salinas.
Para saber a onde vai esa auga que se evapora, nun recipiente metemos auga salgada e un vaso valeiro. Tapamos todo con plástico transparente e puxemos unha pedra enriba para que formase unha pequena depresión no plástico. Como non había sol, tivemos que poñelo todo ao lado dunha fonte de calor . Ao pasar os días vimos que no vaso había auga. E, o máis ineresante... a auga do vaso non estaba salgada! Deste xeito conseguimos auga potable.
2.-Perigos da deforestación
Empregamos un par de cubetas inclinadas. Nunha delas puxemos so terra (representaba un bosque despois dun incendio), na outra terra e plantas. Ao botar auga sobre elas cunha regadeira ( a choiva) observamos que as plantas e as árbores preotexen e reducen a erosión do solo.
3.- Tempo de degradación dos residuos
Limos en internet unha noticia impactante e puxémonos a investigar...
Para entender a naturaleza dos residuos e o impacto que teñen no medio recollemos restos orgánicos (mondas de froitas) no comedor e metémolos nunha bolsa . Tomamos tamén outra bolsa con restos de papeis, plástico, cartón, papel de aluminio ... Estiveron gardados durante 2 semanas a temperatura ambiente . Observamos como se atopaban ao cabo deste tempo.
4.-O inodoro non é un basureiro
Decidimos investigar se é certo que as toalliñas húmedas non se poden tirar ao inodoro.
Descubrimos que, así como o papel hixiénico se desfai na auga aos poucos minutos de botalo, as toalliñas permanecen inalterables ao cabo dunha semana.
5.- Depuradora caseira
Construímos un filtro empregando unha botella, grava de diferentes tamañose area . Desta maneira aprendemos como funcionan as depuradoras
6.- É a terra do noso horto ácida ou básica?
Aprendemos que hai hortalizas que medran mellor en solos ácidos e hainas que o fan mellor en solos básicos. Decidimos investigar si a terra do noso horto é ácida ou básica , e para iso empregamos o zume dunha lombarda. Mesturámolo con varios líquidos (vinagre, zume de limón, amoniaco, disolución de bicarbonato, auga osixenada ... ) e vimos como cambiaba de cor .
7.- Conservante natural
Tomamos dúas mazás do mesmo tamaño. Pelamos unha delas , metémola nun recipiente e cubrímola con sal. Estivo alí durante dúas semanas e ao sacala descubrimos que diminuira de tamaño e parecía de goma, pero estaba moi ben conservada. Deste xeito conservamos peixe, coma o bacallau, ou carne, como a de porco ...
8.- Enerxía limpa
Explicamos como se move un ventilador empregando unha pequena placa solar
9.-Diferentes densidades
Atopamos un video e unha noticia en internet sobre un fenómeno natural que fai que as augas non se mesturen, e decidimos comprobar se isto era certo.
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Ningún comentario:
Publicar un comentario