Reggaeton, rock, pop ... da igual o xénero musical: moitas das cancións que escoitamos (antigas e actuais) conteñen mensaxes sexistas, frases que están fóra de lugar . Cantar estas letras fai que estes comportamentos (micromachismos) se vexan como algo normal, cando para nada o é.
Alejandra Martínez foi a primeira que decidiu recompilar as letras sexistas que escoitaba nas cancións e unilas para reclamar que ninguén nos ten que dicir que tipo de muller temos que ser.
As nenas e nenos de EI5 tamén fixeron un repaso a algunhas destas cancións que non deixan ás mulleres nun bo lugar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario