
Saímos antes das 8 da mañá e regresamos case as 10 da noite, pero pagou a pena.
Participamos en charlas e obradoiros e os centros compartiron a súas experiencias en materia de inclusión.
Aprendemos como se pode facer que a biblioteca sexa accesible a todxs, e non so nos temas arquitectónicos senón tamén nos servizos que ofrece.
Aprendemos tamén que para compensar as desigualdades hai que coñecer a diferenza entre igualdade e equidade.
E que para atender á diversidade hai moitas actividades, apps e recursos de todo tipo, algúns dos cales xa vimos empregando hai tempo.
Tende por seguro que poñeremos en práctica na nosa biblio moitas das ideas que trouxemos de volta na mochila.
Biblioteca Inclusiva CEIP Saco e Arce
Ningún comentario:
Publicar un comentario