Coma todos os anos, @s alumn@s e profesor@s estivemos moi atarefados preparando a Festa das Letras.
Cada grupo preparou unha (ou varias) aportacións: obras de teatro, cancións, bailes, música...
Tivemos de todo un pouco.
Noraboa a tod@s polo traballo ben feito!
Aquí vos deixo unha pequena mostra das actuacións d@s nos@s artistas:
Grazas a Julia do CEIP Mestres Goldar por compartir a obra "Coida a túa lingua".
Pareceunos moi axeitada para estas datas.
BLOGUESQUÍO
Blogue da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén
miércoles, 23 de mayo de 2012
Festival das Nosas Letras
domingo, 20 de mayo de 2012
Clube de Super-LEO-ns
![]() |
| This presentación customized with Smilebox |
jueves, 17 de mayo de 2012
Orgullosos da nosa lingua
Letras Galegas todo ano.
Tratemos de defender o noso idioma
Tratemos de manter viva a nosa lingua
É algo fermoso, algo que nos distingue,
Tratemos de defender o noso idioma
Tratemos de manter viva a nosa lingua
É algo fermoso, algo que nos distingue,
Un día para todo o ano
Día do Pai, Día da Nai, Día do Neno, Día dos Maiores... e así ata chegar ao 17 de maio, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o día da nosa lingua.
sábado, 12 de mayo de 2012
Letras Galegas 2012
Aquí vos deixo o CARTAZ DIXITAL que preparei sobre Valentín Paz Andrade.
Botádelle unha ollada e atoparedes enlaces a páxinas con xogos, datos, videos e outros materiais sobre este insigne galego:
Botádelle unha ollada e atoparedes enlaces a páxinas con xogos, datos, videos e outros materiais sobre este insigne galego:
Etiquetas:
conmemoracións,
Letras Galegas
Ubicación:
LU-5101, 27220 Friol, España
viernes, 11 de mayo de 2012
Os Maios no cole
Todos os anos, no cole celebramos o Día dos Maios, unha das festas de maior tradición en toda a nosa provincia.
Esta festa anuncia, ou mais ben reclama, a chegada da primavera.
Nas aulas creamos coplas nas que comentamos cousas que pasaron no cole ou nos nosos pobos. Outras refírense aos profes ou aos compañeiros e compañeiras.
Fixemos un maio enxebre, de forma piramidal. O armazón fixémolo con listóns de madeira. Recubrímolo con musgo, xestas, fiúncho, uces e carqueixas.
Adornámolo con flores, cascas de ovo, carrabouxos...Este ano, como choveu tanto, case que non poidemos atopar flores... pero a ilusión que puxemos ao adornalo foi a mesma que calquera outro ano...
Aqui podedes vernos cantando as coplas:
E estas son as coplas que escribiron as nenas e nenos de 5º e 6º de EP

| Photo slideshow made with Smilebox |
E estas son as coplas que escribiron as nenas e nenos de 5º e 6º de EP
Suscribirse a:
Entradas (Atom)