Dende tempos ancestrais, os eclipses de sol teñen cautivado, espantado e marabillado ao ser humano.Hoxe coñecemos a razón pola que ocorren, a frecuencia e incluso se poden predicir.
Poderá verse en algunhas partes de Europa, Asia e África, pero non en América .
Sabiades que os eclipses solares só se producen coa lúa nova, cando o satélite se atopa en liña recta entre a Terra e o Sol ?
De momento descoñecemos si as condicións meteorolóxicas permitirán disfrutar do espectáculo. A lúa ocultará o sol parcialmente, un fenómeno que se pode observar en raras ocasións e que dará comenzo ás 9 e media da mañá.

Por se ese día o ceo non está despexado,
podes seguilo dende o portal Slooh
que transmitirá o fenómeno "en vivo e en directo".(pica na imaxe)
A medida que se achega o momento de máxima ocultación, as temperaturas baixan varios graos.
As sombras vólvense alongadas. Isto nótase especialmente nas mans: os nosos dedos parece que se estiran . Fai a proba!.
Nun eclipse, nunca mires directamente ao sol
O que nunca debemos facer é observar un eclipse sen protección (ou "protexendo" os ollos cunha radiografía, un vidro afumado ou uns lentes de sol) porque o sol emite luz visible, que é a que captamos cos nosos ollos, pero tamén luz infravermella, que é invisible. Como a luz visible diminúe mentres se produce o eclipse, a pupila ábrese para captar máis luminosidade, deixando que penetre a infravermella que queima as células dos ollos e pode provocar cegueira.

Colle un folio, un pedazo de cartolina ou un cartón.
Fai un buratiño no medio cunhas tesoiras ou unha agulla.
Orienta a cartolina cara o sol de tal maneira que a luz entre polo buratiño
Proxecta a luz sobre un papel branco, o chan ou sobre unha parede lisa.
Verás unha sombra do eclipse
Fai unha foto do que vexas e traina ao cole para amosar a túa experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario