pero ... sabiades que nas profundidades do mar poida que se atope afundido un gran tesouro?
Gustariavos coñecer o que aconteceu en Rande hai mais de 300 anos?
Estades sentados?
Pois, escoitade que volo conto...
"Corría o ano 1702 .
O rei de España, Carlos II, morrera sen fillos e había guerra entre os partidarios dos seus dous posibles sucesores.
O control do tráfico marítimo con América era prioritario para as potencias europeas.
Varios galeóns españois viñan do novo mundo cargados de tesouros: ouro, prata, perlas, pedras preciosas, e tamén especias, madeiras nobles e teas... (actualmente valerían uns 50.000 millóns de euros). Navegaban baixo a protección de varios navíos franceses.
O capitán da flota franco-española, debido ao cansanzo e ao vento favorable, decidiu facer unha parada na ría de Vigo para reaprovisionarse e descansar. Eran en total 40 navíos os que buscaron refuxio no fondo da ría, na enseada de San Simón.
Mentres esperaban o permiso do rei para desembacar e organizar o transporte das mercadorías, dispuxéronse os medios para a defensa dos 14 galeóns chegados do Novo Mundo cos tesouros .
Máis de 6000 persoas e 1000 carros de bois foron os encargados de descargar as riquezas .
O 23 de outubro de 1702 os ingleses descobren o escondite e ordean atacar á flota franco-española. A enseada convértese nunha trampa sen posibilidade de escape para a flota española e os galeóns foron un branco fácil para a escuadra anglo-holandesa que era moito máis numerosa (150 navíos).
O capitán español ordenou incendiar e afundir os barcos que quedaban, algúns deles todavía con parte da súa carga, para que non caesen en mans inimigas.
Unha vez gañada a batalla, os atacantes saquearon Redondela e a illa de San Simón.
A armada inglesa abandoou a ría de Vigo o 30 de outubro levando varios barcos apresados, entre eles un galeón español cargado cos tesouros recollidos. Este galeón encallou cerca das illas Cíes e afundiu. Aínda hoxe non se puido dar coa súa localización exacta. Dende aquela, a Ría de Vigo garda o mellor e máis famosos dos seus segredos: a posible presenza de innumerables riquezas e tesouros debaixo das súas augas.
Como resultado da victoria dos ingleses , hai unha rúa en Londres, cerca de Picadilly Circus que se chama "Vigo Street".
Para recordar, protexer e ensalzar este patrimonio escondido levouse a cabo a construción dun centro de interpretación en Rande (Meirande) que nos mostra todo o relacionado con esta batalla. Hai 7 salas onde se recrea un pouco a época, as mercadorías e a batalla.
E alí fomos nós...
Vimos as maquetas dos barcos que participaron na batalla, unha sala decorada como se fora o camarote do capitán, a bodega e os canóns ...
Probamos os zapatos e os traxes dos buzos que se sumerxían para buscar tesouros...
Ata collemos na man unha das balas de canón ...
Pesaba máis de 15 kilos!!!
Customize a free slideshow |
Ningún comentario:
Publicar un comentario