PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
mércores, 28 de setembro de 2016
Tolos pola Ciencia
Pois... xa nos decidimos !
Este ano, o noso Proxecto Anual estará dedicado ao mundo das CIENCIAS.
Seguro que vai resultar gratificante para todos e todas, porque aprenderemos a través de experiencias que combinen o rigor científico co entretemento.
A ciencia non é unha actividade alonxada das actividades cotiás. Está ao noso redor e cada día utilizamos o pensamento científico elaborando hipóteses (que palabra máis rara!) comprobándoas mediante o método de proba+erro e facendo preguntas, moooitas preguntas.
Así é como descubrimos o mundo que nos rodea e as súas leis.
Efrén xa ten preparado o laboratorio e todos os seus trebellos para demostrar que se pode aprender pasándoo de marabilla.
domingo, 25 de setembro de 2016
Ola de novo ...
Ola, amigas e amigos,
Aqui estamos outra vez tralo descanso do verán, tralas horas de piscina ou de praia (que este ano abofé que foron moitas, grazas ao tempo que veu) e tralas horas pasadas diante das tabletas, ordenadores e consolas... e estou seguro de que diante dalgún bo libro...
Comezamos, coma sempre con moitas gañas de falar, escoitar, descubrir novas cousas, relacionar a aprendizaxe teórica coa súa aplicación real... é dicir, APRENDER.
Xa estou preparando os carnés dos novos lectores e novas lectoras e comecei a preparar as mochilas viaxeiras. Agora estamos moi ocupados decidindo en que proxecto imos traballar este curso.
Xa vos irei contando...
Vémonos na Biblio!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)