xoves, 25 de setembro de 2025

" Abellas, gardiáns do planeta "

 O martes 23 de setembro tivemos unha charla organizada pola Asociación do Desenvolvemento Rural ADERCOU co título " Abellas, gardiáns do planeta ".

Aprendemos moito sobre as abellas, fixemos velas e mesmo probamos o mel.

Vede momentos da actividade na nosa conta de Instagram :  🔍


Benvidos ao novo curso

 Benvidas/os ao novo curso !!

Empeza un novo ano cheo de novas experiencias e aprendizaxes.

Queremos darvos a benvida á nosa biblio. A nosa mascota Efrén regresou con moita ilusión
e traendo un agasallo para todas/os : un marcapáxinas para que se queredes vos acompañe nas vosas lecturas.

Agardamos que desfrutedes e que este ano esté cheo de novas lecturas e descubrimentos.









mércores, 24 de setembro de 2025

Coreografías 24-25

 Dúas coreografías que fixemos durante o curso 24-25.

A primeira, Henna Henna, canción tunecina de Cheb Khaled e Cameron Cartio.

A segunda, a coñecida APT, de Rosé e Bruno Mars. Nesta coreografía acompañounos Liah.


HENNA HENNA




APT