xoves, 30 de outubro de 2025

DÍA DA BIBLIOTECA

 O 24 de Outubro, celebramos na escola o Día da Biblioteca.

O lema deste ano é :

Contra a Desinformación: Bibliotecas.

Para conmemorar este día, disfrutamos da actuación de  Servando Barreiro, que nos animou coa súa música.

Presentáronse os colaboradores deste curso escolar.

Visitounos Efrén, que fixo entrega das mochilas viaxeiras ao alumnado de infantil, 1° 2 °3°e 4° de primaria.

Desexamos un ano de moitas aventuras lembrando que...O noso  mellor outfit: curiosidades e ganas de ler.


mércores, 22 de outubro de 2025

SAÍDA SANTIAGO 4º 5º 6º

 Hoxe, o alumnado de 4º, 5º e 6º visitamos a exposición ORIXES, na Cidade da Cultura de Santiago, a exposición de Castelao. Unhas experiencias estupendas. 

Logo estivemos vendo o Museo do Pobo Galego onde visitamos o panteón dos Galegos  e Galegas Ilustres e as diferentes salas, mentras tratabamos de dar resposta a unha morea de preguntas. Unha experiencia maravillosa. Non hai como ollar para atrás para comprender o que somos e onde estamos hoxe. 

Ata a próxima.







SAMAÍN

 Samaín con contos na nosa Biblio !!!




COLABORADORAS/ES DA BIBLIO

 Xa temos o noso equipo de colaboradores/as deste curso : 

Xiana, Martina, Gael, Roi, Anxo, Noa S., Noa B, Candela, Clara, Iker, Sofía, Uxía e Noelia.

Moitas grazas pola vosa axuda !!!






luns, 20 de outubro de 2025

PROXECTO ANUAL

 O noso Proxecto Anual do Centro para o curso 25- 26 xa está aquí!

Estamos moi contentos/as de anunciar o noso proxecto para este ano: "A vestimenta, máis que moda"

Este curso o noso colexio dedicará os seus esforzos a explorar o significado, a historia e o impacto social e ambiental da roupa que vestimos e para iso alumnado e profesorado investigaremos e faremos actividades  relacionadas con este tema durante o curso.



sábado, 4 de outubro de 2025

Entrega premios " ATRÉVETE "

Un curso máis as alumnas do noso centro fanse cos premios " Atrévete a ter unha idea " !!!
Clara e Noa foron agasalladas con sendos Ipads que seguro van ser capaces de sacarlles o máximo proveito. 
Toda a clase estivo no acto con elas, arroupándoas e felicitándoas.

Os nosos parabéns !!