Dende o blog Trafegando Ronseis da biblioteca do IES Chano Piñeiro chegou este video cunha fermosa mensaxe:
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
sábado, 16 de xuño de 2012
sábado, 9 de xuño de 2012
No verán, ler e xogar
Aqui tendes o Mural dixital que preparei con actividades, xogos e lecturas para o verán.
Pasade o rato por riba e elixide o que queirades.
Espero que o disfrutedes!

venres, 8 de xuño de 2012
Lecturas frescas...
Remata o curso pero non remata o gusto pola lectura.
Verán, vacacións, tempo libre .... mmm! ... que pracer!
Collemos a maleta e enchémola con todo o que precisamos: bañador, crema solar, gorro ... e un bo montón de libros...
Sabedes que podedes achegarvos a Biblio e reservar os libros que vos apeteza levar para pasar un verán ... fresquiño... lendo.
Cando? Onde? :
Na praia á hora de merendar,
durante a hora da sesta, cando a casa está en silencio e non sabes que facer,

debaixo da sombrilla,
á beira dun regato,
nun banco comendo un xeado,
no coche
mentras vas de viaxe,
antes de durmir…
Onde queiras... LE
Aquí vos deixo unha selección de libros, para que escollades ...
A ver si conseguides convertirvos en Super-Le-ons tamén no verán !

xoves, 31 de maio de 2012
Contaxia
Esta tarde,tivemos un espectáculo de maxia, música e contos "CONTAXIA".
Está incluído dentro do programa XOGAR EN GALEGO É DIVERTIDO, no que colabora o Concello de Toén e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
E a verdade é que o bardo Abelardo, Fátima Fernández e o mago Toño contaxiáronnos a alegría.
A maxia das palabras dos contos mesturouse coas palabras máxicas do mago e o espectáculo "enfeitizou" aos pequenos e aos non tan pequenos; a tod@s os que aínda cremos na maxia.

E, aínda por riba, agasalláronnos cun libro da Ed. Galaxia. E tamén deixaron uns cantos para a biblio. |
mércores, 30 de maio de 2012
Parabéns, Enhorabuena, Congrats!
Si,en todas as linguas que manexamos, quero dar a noraboa
ás nenas e nenos do 3º Ciclo que co seu blog acaban de gañar o primeiro premio de blogs do Programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia.
Chámase "O Souto dos Laretas" . É o blog da área de Cidadanía e nel @s alumn@s investigan e escriben sobre temas de actualidade que a profesora lles propón.
É unha maneira moi eficaz de mellorar as competencias básicas... TODAS.
Neste momento, no centro están funcionando 4 blogs e estamos moi motivados para seguir traballando como ata agora.
Aquí vos deixo a noticia que apareceu no xornal:
Aquí podedes ler as impresións do xurado que outorgou os premios:
"... el informe del jurado indica que el primer clasificado, O Souto dos Laretas, ha realizado “desde el mes de noviembre 93 entradas muy trabajadas y de gran calidad, que muestran una variedad de fuentes y de temáticas de las noticias analizadas”. Constatan también “un excelente criterio a la hora de utilizar las imágenes y otros elementos gráficos” y enfatizan “la buena factura de su maquetación”.
ás nenas e nenos do 3º Ciclo que co seu blog acaban de gañar o primeiro premio de blogs do Programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia.
Chámase "O Souto dos Laretas" . É o blog da área de Cidadanía e nel @s alumn@s investigan e escriben sobre temas de actualidade que a profesora lles propón.É unha maneira moi eficaz de mellorar as competencias básicas... TODAS.
Neste momento, no centro están funcionando 4 blogs e estamos moi motivados para seguir traballando como ata agora.
Aquí vos deixo a noticia que apareceu no xornal:
E estes son @s protagonistas:
Aquí podedes ler as impresións do xurado que outorgou os premios:
"... el informe del jurado indica que el primer clasificado, O Souto dos Laretas, ha realizado “desde el mes de noviembre 93 entradas muy trabajadas y de gran calidad, que muestran una variedad de fuentes y de temáticas de las noticias analizadas”. Constatan también “un excelente criterio a la hora de utilizar las imágenes y otros elementos gráficos” y enfatizan “la buena factura de su maquetación”.
mércores, 23 de maio de 2012
Festival das Nosas Letras
Coma todos os anos, @s alumn@s e profesor@s estivemos moi atarefados preparando a Festa das Letras.
Cada grupo preparou unha (ou varias) aportacións: obras de teatro, cancións, bailes, música...
Tivemos de todo un pouco.
Noraboa a tod@s polo traballo ben feito!
Aquí vos deixo unha pequena mostra das actuacións d@s nos@s artistas:
Grazas a Julia do CEIP Mestres Goldar por compartir a obra "Coida a túa lingua".
Pareceunos moi axeitada para estas datas.

domingo, 20 de maio de 2012
xoves, 17 de maio de 2012
Orgullosos da nosa lingua
Letras Galegas todo ano.
Tratemos de defender o noso idioma
Tratemos de manter viva a nosa lingua
É algo fermoso, algo que nos distingue,
Tratemos de defender o noso idioma
Tratemos de manter viva a nosa lingua
É algo fermoso, algo que nos distingue,
Un día para todo o ano
Día do Pai, Día da Nai, Día do Neno, Día dos Maiores... e así ata chegar ao 17 de maio, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o día da nosa lingua.
sábado, 12 de maio de 2012
Letras Galegas 2012
Aquí vos deixo o CARTAZ DIXITAL que preparei sobre Valentín Paz Andrade.
Botádelle unha ollada e atoparedes enlaces a páxinas con xogos, datos, videos e outros materiais sobre este insigne galego:

venres, 11 de maio de 2012
Os Maios no cole
Todos os anos, no cole celebramos o Día dos Maios, unha das festas de maior tradición en toda a nosa provincia.
Esta festa anuncia, ou mais ben reclama, a chegada da primavera.
Nas aulas creamos coplas nas que comentamos cousas que pasaron no cole ou nos nosos pobos. Outras refírense aos profes ou aos compañeiros e compañeiras.
Fixemos un maio enxebre, de forma piramidal. O armazón fixémolo con listóns de madeira. Recubrímolo con musgo, xestas, fiúncho, uces e carqueixas.
Adornámolo con flores, cascas de ovo, carrabouxos...Este ano, como choveu tanto, case que non poidemos atopar flores... pero a ilusión que puxemos ao adornalo foi a mesma que calquera outro ano...
Aqui podedes vernos cantando as coplas:
E estas son as coplas que escribiron as nenas e nenos de 5º e 6º de EP

| Photo slideshow made with Smilebox |
E estas son as coplas que escribiron as nenas e nenos de 5º e 6º de EP
xoves, 3 de maio de 2012
Ánxeles Ferrer visita a nosa Biblio
Seguimos navegando polo mar dos libros. Esta vez na compaña dunha ilustradora : Ánxeles Ferrer.
Os libros que máis nos gustan son aqueles nos que as ilustracións teñen un lugar primordial.
Ánxeles ten ilustrado moitos libros que temos lido: "O quirico Lambón", "O grilo Gastón" " Farrapos de Nube".
Ánxeles, non esqueceremos o teu paso polo colexio!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)