A cor morada é a que representa as reivindicacións do Día da Muller dende os anos 60 ou 70 do pasado século.
Por iso no cole quixemos reivindicar a igualdade entre nenas e nenos, mulleres e homes levando unha pulseira de cor morada.
Ángela, a monitora do grupo de madrugadoras axudou ás nenas a facer flores para regalar a todas as mulleres do cole.
Seleccionamos libros e fixemos "lecturas en feminino"
E preparamos dous xogos interactivos:
Profesións de mulleres : Ruleta das palabras . A ver cantas profesións es quen de adiviñar. Serás quen de completar o rosco?
Mulleres tiñan que ser! Froggy jumps : Le as pistas e adiviña a cal das tres mulleres fan referencia
Ningún comentario:
Publicar un comentario