martes, 21 de abril de 2020

Celebramos a Cervantes

Xoana preparou unha pequena representación sobre Cervantes, o xenio das letras españolas e un dos autores polos que todos os anos   o día 23 de abril se lle dedica aos libros:

 

E agora tres versións da mesma canción: "Sancho, Quijote"

  • Xoana:



  • Alex



  • Marta


luns, 20 de abril de 2020

Mes dos libros: Licuadora de palabras

Efrén, dende a biblioteca,  fixo esta proposta ao alumnado:

Abre o libro que esteas lendo polas seguintes páxinas e busca o que che pido:
Pax. 13 --- copia a palabra nº 13
Pax.42- -- copia unha palabra que empece por A
Pax. 35 --- copia unha palabra que indique un lugar
Pax. 21 --- copia unha palabra que non entendas
Pax. 7 --- copia a palabra numero 37
Pax 58--- copia unha palabra que empece por C
Pax. 71--- copia  un adxectivo
Pax 64 --- copia un  nome

Agora escribe unha historia na que aparezan todas esas palabras e ponlle un título. . Tes que incluílas todas. Non importa a orde, e podes repetilas e revolvelas como queiras. Escribe tamén o título do libro de onde sacaches as palabras.

A ver que sae!

Noa B. , de EI 5,   escribiu este conto con palabras do libro "12 Cuentos mágicos" de Pilar Campos, Ed. Susaeta

Leer más publicaciones en Calaméo
Mateo, de 2EP escribiu esta historia con palabras do libro "Que  aventura, Super Claus" de Roberta Bianchi, Ed. Laberinto

Xoana de 5EP escribiu esta historia a partir do libro  "Kika Superbruja" de Knister, Ed. Bruño

Leer más publicaciones en Calaméo


Alex, de 5EP, escribiu este conto con palabras do libro "El color de la magia" de Terry Pratchett

domingo, 19 de abril de 2020

Mes dos libros: Librotubers


Como invitamos a nenas e nenos a mergullarse no mundo dos libros?
Como lles demostramos que ler pode ser tan interesante como ver unha serie de Netflix?
Pois, na actualidade, pensar en fomentar a lectura sin ter en conta os medios dixitais, sería practicamente imposible.
Por iso, nesta entrada tivemos a axuda de nenos e nenas que non son críticos literarios, nin editores, nin tan sequera expertos, pero que , dende as súas casas, queren dicirlle aos demais que LER SI QUE VALE A PENA!
  • Mateo  

  • Uxía

  • Martiño e Gabriel

  • Héctor


  • Xoana

    • Inés

    venres, 17 de abril de 2020

    Mes dos libros: Se foras escritor/a

    Imaxinádevos que sodes escritores/as ... 
    Que xa escribistes varios libros ... e  que,  por suposto, foron Best sellers
     Estes días,  o voso editor encargouvos outro libro ....
    Pensade ...
    Poñede en marcha esas neuronas...
    Que libro escribiriades?
    Podes inventar o título dunha historia de terror ou un conto de super heroes ou un poema sobre unha flor encantada ou unha aventura submarina. Ou pode ser que inventes o título  dunha nova saga de vampiros ou unha nova novela de amor prohibido. Tamén poderías pensar títulos de enciclopedias de cousas imposibles ou dicionarios de seres fantásticos.
    Tamén podes mesturar os títulos de dous ou mais libros que teñas na casa : Onde viven os ...  larpeiros/   O segredo de ... Carapuchiña   / Manolito ... no país das marabillas
    De que trataría o voso libro?
     Podes escribir unhas cantas  liñas contandonos
    Onde e cando se desenvolvería a acción? .
    Na Idade Media ? No futuro? ... Nun campamento de verán? Nun monte nevado? ....
    E... outra cousiña....
    Como a ilustradora está confinada na súa casa da serra e non ten wifi, teredes que deseñar  vos a portada  e a contraportada do libro. Mirade algún que teñades na casa para guiarvos.
     E poñédelle todos os datos: autor ,/editorial/ ....

    Este é o conto de Noa de EI 5

    O Vampiro da Ortografía

    Esta foi a proposta que lles fixemos as nenas e nenos: 
    Imaxinade que fostes mordidos polo vampiro  e  redactade un conto curto , escribindo dunha forma que vos consideres que está mal. É dicir, o peor posible : sen signos de puntuación, cos signos mal postos, con faltas de ortografía, conxugando mal os verbos ...
    A ver que historia vos sae!
    Podedes darlla a ler aos vosos papás.  

    Decídeslles que acabades de escribir a obra da vosa vida e...  por suposto, queremos unha foto da súa cara😀😀

    Ho banpiro da hortografia esta fazendo estragos!
    Xa chuchou a barios nenos e nenas do kole,!  
    vueno e a min tamen me deveu chuchar ...!


    ze bos atrebedes a ber este bideo, non me fajo responsavle do ce bos pode pazar....



    O traballo de Noa 


    O traballo de Darian


    xoves, 16 de abril de 2020

    Mes dos libros: Xogos de nenxs

    Invitamos a nenas e nenos a converterense  en programadores de videoxogos. 
    Tiñan que deseñar un xogo para compartilo cos compañeiros/as, empregando o programa  Cerebriti, educaplay ou calquera outro que coñeceran.
    Podían elixir entre moitas clases de xogos diferentes: sopas de letras, buscar parellas, tests, encrucillados...  
    A temáica do xogo tiña que ter relación co mundo dos libros: Autores, partes do libro, personaxes, curiosidades, temas ...

    Encrucillados

    Sopas de letras

    Relacionar columnas


    Quebracabezas

    mércores, 15 de abril de 2020

    Libros na distancia

    As circunstancias que estamos vivindo fixeron que este 2020  tanto o Día do Libro Infantil (2 de abril) como o Día Mundial do Libro (23 de abril) tivéramos que vivilos fóra do cole. 
    Seguro que nin Andersen nin Cervantes, nin Shakespeare (por quen se celebran estes días) imaxinarían unha historia onde nenxs, familias e profes terían que estar confinados para protexerse e derrotar a un monstro invisible e MegaUltraDiminuto que enche de medo o planeta...
    De tódolos xeitos, e aínda que esteamos na casa, nós somos de celebrar as datas importantes e esta non podiamos deixala pasar...
    Así que combinamos cámaras e libros favoritos e isto é o que conseguimos...

    martes, 14 de abril de 2020

    A primavera non o sabía ...

    Aínda que non nos vexamos cara a cara, as e os mestres do cole seguimos xuntos virtualmente e gravamos este poema de Irene Vella :

    luns, 13 de abril de 2020

    Poesía e ODS


    A poesía é tan antiga coma a lingua.
     E nos  momentos de preocupación é máis necesaria que nunca .
    Celebrar a poesía significa celebrar a nosa capacidade de unirnos, de solidarizarnos cos demais.
    E este espíritu é o que se precisa para levar adiante a Axenda 2030 e alcanzar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible para facer un mundo mellor.
    Un dos propósitos do Día da Poesía é fomentar a tradición oral dos recitais poéticos e crear unha imaxe atractiva desta arte  para que non se considere algo anticuado, senón unha forma fermosa de trasmitir os sentimentos e os valores.

    A nosa idea, coma todos os anos, era ter o noso propio recital. 
    E iamos facelo no xardín, debaixo das árbores, 
    E iamos  buscar poemas que reflectisen todos e cada un dos ODS ...
    Pero todo iso  quedou sen facer, coma moitas outras  actividades, por culpa dese virus que, por sorpresa,  veu instalarse entre nós.
    E, alonxados como estabamos, pero xuntos ao mesmo tempo, fixemos o noso recital ... dende a casa.
    EI: O mar, A terra, Coidemos o planeta, A primavera, Tecín soia a miña tea
    ODS 1,7, 13,14,15, 17
    1º EP - Arroz con leite feminista / Poema de Gloria Fuertes
    ODS 5,10,16


    2º EP : Resistiremos , poema cantado
    ODS 3


    3º EP : A auga / Pinguiñas de auga
    ODS 6,13

    4º EP : O clima/ A cidade
    ODS 6, 11, 13


    5º EP : Miedo Global / Educar / Oda a la pobreza / A primavera/ Bolboretas no xardin / Poemar o mar
    ODS 1,3,4,5,8,10,14,15


    6º EP :  En tempos de pandemia/ A saúde 
    ODS 3, 

    xoves, 9 de abril de 2020

    Dende a miña fiestra

    Nestas semanas de confinamento, buscamos a través das fiestras un pouco de aire, un pouco de luz ... un pouco de vida.
    Hai persoas que so atopamos unha rúa baleira, sin persoas . Os  coches ...aparcados   Outras persoas,  mais afortunadas,   incluso son quen de observar un niño de cegoñas enriba dun guindastre...
    Valentina

    Pero no concello, a maioría da xente ten sorte de atopar ao outro lado da fiestra a poesía verde da paisaxe  e o alegre piar dos paxaros. Unha poesía sen palabras, con música,  que enche o noso interior e calma por dentro.
    Como valoramos iso os que vivimos na cidade!

    martes, 7 de abril de 2020

    Resistiremos!

    Para as  nenas e nenos de EI 3, como para moita outra xente, a canción de moda neste periodo de confinamento é .... RESISTIREI!
    Quen lles ía dicir ao Duo Dinámico que, máis de trinta nos despois, a súa canción ía converterse no himno da resistencia ao coronavirus!!

    sábado, 4 de abril de 2020

    Mes dos libros na casa

    A pesares de estarmos lonxe un dos outros, a biblioteca segue funcionando.
     E queremos que sigades colaborando, nenxe e familias.
    Por iso vos propoñemos estas actividades para este mes.
    CONTAMOS CONVOSCO! Coma sempre.

    venres, 3 de abril de 2020

    A rapazada colabora

    Ao longo destes días, moitas son as colaboracións que estamos a recibir no correo da biblioteca por parte do alumnado que , ademáis de facer as súas tarefas escolares, aínda ten tempo de animar aos demáis coas súas ideas
    • Oliver, de EI 3 , realizou  un experimento

    • Sira, de EI4  ensinounos como practica os números dun xeito moi divertido
    • Darian de 2 EP le un libro


    • Xoana  de 5 EP converteuse en locutora de radio e enviounos un programa desde a súa casa:
    • Inés de 6EP cantounos a canción "Vivir", de Rozalén   que traducimos ao galego  o outro día
    • Aixa de 6EP  mandounos un video no que nos ensina a tecer cos dedos unhas diademas moi xeitosas 

    • Xoana, enviou outra  aportación: Unhas recomendacións de lectura que, nestes días de encerro, ben se agradecen...