Como cada ano, celebramos entre cada clase o " Amigo/a Invisible ", onde cada alumno e alumna da un agasallo a outro compañeiro/a. No saco e Arce, o alumnado ofrece un libro dependendo dos gustos da persoa que o recibe.
Nas clases de infantil, Efrén foi o encargado de repartir os libros a todos/as. Tanto maiores coma pequenos e pequenas quedaron super encantados/as co agasallo do seu " amigo/a invisible "
Estes días acudimos á biblioteca a facer experimentos relacionados coa auga. Foron moi interesantes e tanto o alumnado de infantil como o de primaria observamos como se podía aprender cun chisquiño de " maxia química ".
Ata Efrén se animou a facer experimentos, aínda que algún lle daba un pouco de mal fario... cousas de esquíos...
O día 25 de Novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 conmemorando a data na que foron asasinadas as tres irmáns Mirabal en 1960.
A violencia contra as mulleres ten a súa orixe na falta de equidade nas relacións entre homes e mulleres en diversos ámbitos e na discriminación persistente cara as mulleres, tanto a nivel físico, sexual, psicolóxico, económico, cultural, entre outras... e non está confinada a unha soa cultura, rexión ou país específico.
No Saco e Arce queriamos aportar o noso granillo de area facendo alusión ao noso Proxecto Anual sobre a Auga ( Cada pinga conta ) e que quedase reflexado todo esa discriminación chea de pingas de auga con mensaxes e palabras negativas cara as mulleres, pasando por unha depuradora e converténdose en pingas cheas de boas accións. Transformar o negativo en positivo. Limpar esa auga, depurar esas accións que maltratan ás mulleres e convertilas en bo camiño, en fonte de esperanza para cada unha delas.
Para esta ocasión engadimos a música de María do Ceo, amiga do noso cole, que moi gustosamente nos prestou do seu novo traballo que sairá en breves.
Roberto Valente, membro do equipo @ sobre a investigación de ciberdelitos da Garda Civil, veo ao noso cole, para darnos unha charla englobada dentro do Plan Director.
Teñen como misión :
- Levar a cabo as investigacións relacionadas coa delincuencia informática e os fraudes no sector das telecomunicacións, ben por propia iniciativa, por requerimento das Autoridades Xudiciais ou por denuncia dos cidadáns.
- Detección de delitos informáticos na rede.
- Apoiar as investigacións do resto das unidades da Garda Civil,
Cando chega a última noite de outubro, previo ao día de fieles difuntos, celébrase esta festa que tanto gusta aos rapaces e rapazas do cole. O feito de disfrazarse de demos, bruxas e todo tipo de persoaxes malignos, fai que teñan os seus medos cara a cara e se decaten que eses medos e temores non son para tanto... Atoparlle unha parte positiva, de risa, ... ver que so é un compañeiro/a caracterizado...Pero que saibades, que non todos/as estñan preparados para afrontalo......
Ademáis, fixemos a nosa exposición de cabazas, decoradas para a ocasión. Como o motivo deste ano é a auga, o alumnado trouxo cabazas relacionadas coa auga. Menuda imaxinación teñen algúns e que pacienciña teñan outros para crear tan variado elenco de cabazas. Noraboa a todos /as.
E logo, á hora de comer, unha comida especial de halloween-samaín, pasar un bo rato xuntos e agardar un ano máis para vir disfrazados ao cole daquel motivo que máis medo nos da. Entre todos/as xa buscaremos a forma de transformar ese medo noutra emoción máis positiva.
O noso Efrén non deixa de sorprendernos. Non so é o guardián da biblioteca do cole, amigo de todas as nenas e nenos, animándoos á lectura de bos libros. Agora tamén é o compañeiro de viaxe do alumnado que practica fútbol gaélico no cole. Non podían chamarse doutro xeito... " OS ESQUÍOS DE TOÉN ".
Sodes un grupo xenial, así como de xeniais son os vosos adestradores. Compañeirismo, enerxía, solidaridade, fortaleza e paixón polo deporte deste grupo de nenos e nenas do CEIP Saco e Arce.
Con motivo do Samaín, e tendo de referencia o noso proxecto anual sobre a auga.... " Cada gota conta ", o alumnado ddo cole, tanto de Infantil coma de Primaria, fixo o debuxo do seu monstruiño do río Miño. Moitos deles tamén lle escribiu algunha das características peculiares do monstruo.
Tras un tempo sen poder facer esta actividade, chegou o momento de retomala de novo.
Cada un dos nenos/as dos cursos maiores escolleron un afillado/a ao que lle deron unha invitación para lerlles un libro. Por mor da chuvia, non puidemos facer esta actividade ao aire libre, aínda así, o alumnado buscou un espazo polo colexio para poder ler con tranquilidade o seu conto.
Enmarcada dentro das actividades da biblioteca, o apadriñamento lector sempre contou con moito interese por parte do alumnado, tanto para quen le o conto como para os que o escoitan. É unha actividade moi fermosa e agarimosa que se volveu celebrar no noso cole.
No CEIP Saco e Arce celebramos hoxe, día 24 de outubro, o día da Biblioteca.
Neste día ( que en realidade foron varios máis ), baixamos todo o alumnado á nosa biblio para coñecer aos nosos/as axudantes da biblio. Rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria apuntáronse para colaborar na biblio durante o tempo de lecer.
Cada un/unha recibiu o seu carné de colaborador/a da Biblio, entregamos as mochilas viaxeiras ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria ( os demáis cursos participan no clube de lectura ) e tivemos máis sorpresas....
O pasado 17 de outubro celebramos o día das escritoras no noso cole.
Sí. Están ahí. Nós sabémolo, mais non sempre son visibles neste nosa sociedade. Neste día queriamos aportar o noso gran de area e darlles a homeaxe que elas merecen. Porque non se trata de linguas, nin de xéneros literarios. É igual o inglés, o francés, o castelán ou o galego. Da o mesmo se é prosa ou verso. Trátase delas, das escritoras. Dende Sylvia Plath ata Rosalía, pasando por Ana María Matute, Mery Shelley ou Carmen Laforet... e a nosa querida Baia Fernández e tendo na mente tantas outras..