luns, 3 de abril de 2023

COMENDO CORES

xoves, 30 de marzo de 2023

Día da POESÍA e da AUGA


Ola a todos e a todas !!

Desta vez estivemos de doble conmemoración. O día da poesía e o día da auga.

Como a ocasión o merecía, fixemos estas actividades na parte verde do noso cole, aínda que corría un chisquiño de aire, mais saíu todo xenial !!

Os encargados e encargadas da Biblio, foron os que leron os poemas, que como non, estaban relacionados coa auga. O fixeron marabillosamente ben !

Durante toda a semana, o alumnado preparou un debuxo para facer unha chapa e este día entregáronse todas e as luciron con moito orguio.

Para rematar, cantamos a canción " A auga é máxica ", preparada con moito agarimo pola mestra Begoña e o mestre Arturo. A mestre Iria preparou durante os ensaios a letra con linguaxe de signos.

Un fermoso día no que a poesía, a música e a creatividade artística se mesturaron e lle deron forma e outro día no colexio Saco e Arce.

martes, 28 de marzo de 2023

8 de MARZO


domingo, 26 de marzo de 2023

Saída 3º e 4º á Biblioteca e ao Auditorio


Neste día, o alumnado de 3º e 41 de Primaria fixo unha visita á Biblioteca pública de Ourense e asistiron ao Auditorio a unha obra chamada " NAUTILUS, 20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO " escenificada pola Compañía La Negra.

Gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor proposta orixinal pola súa sensibilización medioambiental. Nautilus é unha versión da clásica novela de aventuras 20.000 leguas de viaje submarino cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta.

Día de Rosalía

Conmemorando o día de Rosalía e tendo sempre presente o noso proxecto anual sobre a AUGA, fixemos unha actividade moi chula decorando paraugas con temas relacionados con Rosalía.

Participou todo o cole para as decoracións e logo colgamos os paraugas na entrada do cole.

Quedounos super bonito !!!

domingo, 26 de febreiro de 2023

DÍA DAS MULLERES CIENTÍFICAS - Veterinaria de Moreiras

 




Hoxe, 11 de febreiro conmemoramos o día das mulleres e nenas científicas.

E para tal ocasión, a AFA contactou con Conchi, veterinaria de Moreiras. 

Contounos cosas moi interesantes sobre como chegou a ser veterinaria. 

Sabedes que todo xurdiu a partires da súa avoa Domicila ?? Daquela, as mascotas eran aqueles animais que proporcionaban para comer. Os cans e os gatos non eran considerados mascotas.

Contounos moitas anécdotas sobre o seu traballo. Sabíades que na súa profesión tamén se fan inspeccións a metadeiros, supermercados, etc... para comprobar que se cumpren as normas de hixiene e que a comida esté en bo estado ?

Tamén nos enteramos que existen veterinarias no exército e en laboratorios...

Unha xornada moi instructiva e educativa. Aprendimos moitas cousas e nos animou a perseguir os nosos soños.

Moitas grazas, Conchi !!!!!

PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS


Que facer se temos unha ferida ??

Como actuar ante unha queimadura ?

Viñeron a darnos unha charla sobre estas cuestións relacionadas coa saúde e como actuar ente moitos supostos que se poden dar a diario. Torceduras, moratóns, atragantamentos....  

Ademáis fixemos unha sesión práctica dunha RCP ( reanimación cardiopulmonar ) cos nosos peluches.

Foi unha sesión moi divertida á vez que moi importante
para todos !! Pasámolo xenial !!!

E salvamos a todos os peluches !!!!!

 

mércores, 22 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023

 E chegou o ENTROIDO !!!

Non faltou ningún ingrediente nesta festa que celebramos no colexio.

Xoves de compadres e comadres, fareleiro, desfile, festival e algunha sorpresiña que foi xurdindo polo camiño...

O Proxecto deste curso, como ben sabedes, é a AUGA. Apareceron motivos relacionados co proxecto por todos lados, excepto no ceo. Tivemos uns días espectaculares para poder celebrar esta festa.

Grazas a todo o profesorado e aos nenos e nenas do cole polo tempo dedicado a ensaios, traxes...

Grazas tamén a todas as familias que vos achegastes ao colexio para ver o espectáculo.

Como non, ás famlias de 6º de primaria que argallaron o " Recuncho culinario " co fin de recaudar diñeiro para a excursión de 6º. 

Todo saíu xenial. Apertiñas a todos e todas e a desfrutar do entroido !!!!


martes, 21 de febreiro de 2023

Carreira de Muíños


 


A actividade física tamén está presente no noso cole. Tan saudable para o corpo no seu aspecto físico como na súa parte emocional. Retomamos, por medio de Xogade, o Campo a través de Muíños. 

Tivamos que esperar moito tempo para ir pois se foi aplazando desde o mes de Novembro e por fin tivemos a saída tan esperada por todos. 

Un marabilloso día, nun entorno privilexiado e compartindo experiencias. Todo foi sobre rodas... e sobre pernas !!


Día da Paz

 Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoramos o día mundial da Paz.

Este curso, ten unha relevancia especial. Cando xa pensabamos que as guerras eran cousa do pasado, alá polo Século XX, aparece nos nosos días unha guerra tan absurda e innecesaria que berremos ben alto que 

NON QUEREMOS METRALLETAS !!

QUEREMOS PANDEIRETAS !!

Plantemos en Toén cada un de nós unha árbore pola PAZ. 

Regala e coidala é tarefa de todos e cada un de nós.

Para esa aventura, acompañounos hoxe Anxo Moure, escritor, contacontos, ecopacifista e amigo do noso colexio desde fai moitos anos. A última vez fumos invitados á súa casa de Mariz ( Chantada ), na aldea de Garabelos. Agora visitou o noso cole acompañado do seu patinete.


Pola mañá, todo o cole foi colocando un barquiño de papel cunha mensaxe de Paz ao longo do enreixado do colexio. Contra vento e marea, eses barquiños deben navegar polas ondas para chegar ao seu destino.