Tres novos membros no Clube de Super-LE-ons |
| This free slideshow created with Smilebox |
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
venres, 30 de decembro de 2011
Clube de LE-ons
martes, 27 de decembro de 2011
Campaña Solidaria: Vapor ti, Vapor todos

O Nadal é sinónimo de reunións coa familia, comidas e compras, moitas compras. Pero tamén é un momento ideal para recordar aos que non teñen a sorte que temos nos. Por esta razón, a Fundación SM pon en marcha un ano mais a campaña solidaria Vapor ti, Vapor todos, para facer posible que a ledicia do Nadal e a maxia da lectura cheguen incluso aos mais desfavorecidos.
Cómo é isto? Pois moi fácil: por cada libro da colección Barco de vapor que merquemos entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, a fundación SM doará outro exemplar que irá a parar a Aldeas Infantiles, Cruz Vermella e Mensaxeiros pola paz. Tamén colabora a Fundación Seur, que será a que se encargue de repartir os libros de maneira gratuíta.
Como vos podedes imaxinar, é unha iniciativa que me encanta.
A todos nos gustan os regalos e faime feliz pensar que, cada vez que merque un libro da colección Barco de Vapor, non só farei felices aos meus irmáns, curmáns ou amigos... senón tamén a outros nenos que non teñen a mesma sorte que nos.
Animádevos e ... pasade a bola!
Efrén deséxavos Bo Nadal

Efrén e 4 dos seus amigos deséxanvos un Bo Nadal cantando e bailando ao redor da árbore de Nadal.
Para ver a postal, pica na imaxe da dereita.

"Quiero cantar
quiero sentir
la alegría y la amistad.
Todos unidos
celebrar
que ya llegó la Navidad.
quiero cantar
y repartir
la alegría de esta canción.
Para que puedas
descubrir
lo que está en mi corazón.
Y debajo de nuestro arbolito
encontrarás
que el regalo mas bonito
es el amor que compartimos... "
luns, 26 de decembro de 2011
Estades convidados ...
Se queredes ver unha exposición de libros moi especiais, achegádevos ao Centro Cultural da Diputación (Edificio Simeón) e poderedes recrearvos coas reproduccións de varios libros históricos e incunables.E preguntarédesvos... ¿que é iso de incunables?
Pois son libros que se imprimiron antes do ano 1501. Son documentos históricos que puxeron a cultura ao alcance de todos.
Ata o ano 1450 as copias dos libros facíanse a man. Había persoas, sobre todo monxes, que se dedicaban a copiar os libros que lles encargaban. Cada copista ilustraba o libro segundo o seu gusto e o traballo podía durar ata 10 anos.Os primeiros incunables saíron da imprenta de Gutemberg.
A editorial Moleiro é famosa en todo o mundo polas reproduccións deste
tipo de libros. Están feitas con láser e reproducen fielmente non só os escritos e ilustracións, senón tamén o tipo de papel e ata o olor.
ESPERO QUE VAIADES E... XA ME CONTAREDES!
venres, 23 de decembro de 2011
mércores, 7 de decembro de 2011
RAZÓNS PARA LER
E tí ... para que les?
Esa foi a pregunta que fixemos aos nosos alumnos e alumnas de 3º Ciclo.
Coas respostas que nos deron, montamos esta árbore de Nadal.
sábado, 3 de decembro de 2011
Carta a Papá Noel
Papá Noel está á volta da esquina ...
Xa debe estar colocando os regalos no trineo...
Supoño que a maioría de vos xa mandou a carta, pero aínda quedan os SMS e os e-mails para pedirlle algo máis...
Adviñades o que?... Dareivos unhas pistiñas:
- é algo útil
- é sano
- é económico
- non leva pilas nin se gasta ao usalo
- aos pais e as nais tamén lles gusta...
¿ainda non sabedes o que é?
Pois claro, ... UN LIBRO!!
Podedes aproveitar e pedir un para vós, outro para os vosos irmáns maiores, para os vosos irmáns pequenos, para o voso pai, para a vosa nai, para os vosos avós, para as vosas avoas, para os vosos amigos, para as vosas.....
Perdoade, é que oigo a palabra LIBRO e embálome....
Para que non matedes a cabeza, aquí vos deixo unha selección.
Xa debe estar colocando os regalos no trineo...
Supoño que a maioría de vos xa mandou a carta, pero aínda quedan os SMS e os e-mails para pedirlle algo máis...
Adviñades o que?... Dareivos unhas pistiñas:
- é algo útil
- é sano
- é económico
- non leva pilas nin se gasta ao usalo
- aos pais e as nais tamén lles gusta...
¿ainda non sabedes o que é?
Pois claro, ... UN LIBRO!!
Podedes aproveitar e pedir un para vós, outro para os vosos irmáns maiores, para os vosos irmáns pequenos, para o voso pai, para a vosa nai, para os vosos avós, para as vosas avoas, para os vosos amigos, para as vosas.....
Perdoade, é que oigo a palabra LIBRO e embálome....
Para que non matedes a cabeza, aquí vos deixo unha selección.
luns, 28 de novembro de 2011
Regáloche un conto
Para celebrar o Día de Biblioteca fixemos unha actividade que, debido ao éxito que tivo entre @s cativ@s, trataremos de repetir máis veces: PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS.
Os alumn@s leron aos seus "afillad@s" doutros cursos contos que eles mesm@s seleccionaron e cuia lectura prepararon previamente.
Trátase dunha iniciativa que disfrutamos tod@s porque aos nen@s gústalles ler e gústalles que lles lean.
Resultounos moi difícil elixir so unha imaxe. Aquí vos deixamos algunhas. Elixide a vosa!!
Os alumn@s leron aos seus "afillad@s" doutros cursos contos que eles mesm@s seleccionaron e cuia lectura prepararon previamente.
Trátase dunha iniciativa que disfrutamos tod@s porque aos nen@s gústalles ler e gústalles que lles lean.
Resultounos moi difícil elixir so unha imaxe. Aquí vos deixamos algunhas. Elixide a vosa!!
| Free photo slideshow personalized with Smilebox |
Non cho digo... cántocho: VEN A LER!!
Hai mellor forma de animar a alguén que cunha canción?
A profe de música e os nenos e nenas de 5º e 6º inventaron a letra desta para animar a todos a vir a Biblio a facerme unha visita.
A música é da canción de Status Quo "Whatever you want"
Que vos parece? A mín encántame!!
venres, 25 de novembro de 2011
Ata pronto, Gerónimo!!!

Que emoción!!!
Acabo de chegar á casa despois de estar con Gerónimo.
Había unha ringleira morrocotuda de nenos e nenas... Todos querían facer unha foto con él.
E él... asinando libros como unha máquina! ... Pero fixo un descanso para ir comigo a tomar un bocadillo de queixo de tetilla galega . Encantoulle!!!
Foise moi contento do cariño co que o recibimos tod@s @s seus ourenseguidor@s.
Esperamos verte pronto, Gerónimo!!!
GERÓNIMO STILTON EN OURENSE
Querid@s amig@s roedor@s,¡Por mil ratas voadoras! (Como diría o meu amigo Stilton)
Acabo de enterarme dunha noticia :
Gerónimo Stilton decidiu visitar Ourense o día 25 de Novembro, (é dicir, hoxe). Asinará a todos os Ratosoci@s que vaian a velo, os exemplares preferidos dos seus libros.
¡Será unha experiencia superratónica! ¿Será tan divertido como contarlle os buratos a unha loncha de queixo gruyère?
Se queredes verlle os bigotes, apuntade ben as coordenadas para poder atopalo.
domingo, 20 de novembro de 2011
Tempo de Castañas


Este é un dos castiñeiros que temos no cole. Aínda é pequeno, pero observaremos como vai medrando e como cambia de aspecto ao longo do ano.
Agora xa empeza a amosar as cores de outono: as súas follas comezan a porse amarelas e pardas.
Na seguinte presentación poderás coñecer moitos datos sobre os castiñeiros e as castañas. Despois, podes responder as preguntas do test que hai a continuación.
View more presentations from Efren_esquio.
Tamén podes obter mais información neste video do programa "El escarabajo verde" de TVE rodado en Galicia .
http://www.rtve.es/television/20101221/escarabajo-verde-punado-castanas/388813.shtml
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



