Xa debe estar colocando os regalos no trineo...
Supoño que a maioría de vos xa mandou a carta, pero aínda quedan os SMS e os e-mails para pedirlle algo máis...
Adviñades o que?... Dareivos unhas pistiñas:
- é algo útil
- é sano
- é económico
- non leva pilas nin se gasta ao usalo
- aos pais e as nais tamén lles gusta...
¿ainda non sabedes o que é?
Pois claro, ... UN LIBRO!!
Podedes aproveitar e pedir un para vós, outro para os vosos irmáns maiores, para os vosos irmáns pequenos, para o voso pai, para a vosa nai, para os vosos avós, para as vosas avoas, para os vosos amigos, para as vosas.....
Perdoade, é que oigo a palabra LIBRO e embálome....
Para que non matedes a cabeza, aquí vos deixo unha selección.
Ningún comentario:
Publicar un comentario