mércores, 29 de marzo de 2017

Árbores e poesía

No cole estamos moi sensibilizados cos problemas medioambientais, quizais porque estamos  rodeados de natureza.
Todos os anos plantamos árbores, no patio ou fóra.
 E este ano, como somos conscientes de que o noso papel co medio ambiente ten que ir mais alá de apreciar a natureza, decidimos adoptar unha árbore  do noso patio.
Cada clase elixiu unha especie de árbore diferente para aprender sobre ela,  coidala e respectala .

            



























Ademáis, como o día da árbore e o día da poesía van collidos da man, decidimos escribir un poema para a nosa árbore e adornala  

domingo, 26 de marzo de 2017

Escaleiras poéticas





Unha das actividades que ideamos para celebrar a poesía foi converter as escaleiras do cole nun espazo de lectura. 
Eliximos o poema "Galicia" de Manuel María e seleccionamos duas estrofas. Repartimos os versos entre todas as aulas e os nenos escribiron as palabras e decoraron cadanseu verso.
Xuntámonos na Hora de ler para colocar os 8 versos ordeados formando o poema:


Escaleira by Slidely Slideshow

mércores, 15 de marzo de 2017

8 M: Mulleres na Ciencia

 As mulleres poden considerarse como as grandes olvidadas da historia.
 Aparecen tan escasamente na Ciencia, na Literatura e na Arte que parece que non participaron en estes ámbitos da cultura, cando sen moitas delas a historia da humanidade sería diferente.

Por que sucede isto?

Por unha banda, porque sempre tiveron moitos obstáculos para desenvolver os seus intereses e capacidades (moitas tiveron que loitar contra a incomprensión da sociedade do seu tempo ou contra a absurda discriminación baseada no sexo ),  por outra, porque ás que conseguiron facelo, nunca se lles recoñeceu o seu mérito e non aparecen nomeadas nas enciclopedias ou nos libros.

Os dereitos  que as mulleres do mundo occidental teñen na actualidade débense ao esforzo de moitas delas que, ao longo dos séculos traballaron para conseguilos, facéndose un oco nun mundo de homes.

Nós quixemos reivindicar o papel das mulleres na Ciencia enchendo o noso taboleiro de mulleres científicas porque, aínda que moitas sexan unhas descoñecidas, levaron a cabo importantes traballos de investigación e contribuíron na construción dunha sociedade máis xusta para mulleres e homes. 

venres, 3 de marzo de 2017

A tuna do Centro de Día


Os avós e avoas do Centro de Día devolvéronnos a visita que lles fixemos polo día de Rosalía.
Non viñeron só a ver o desfile e as actuacións, senón  a participar da nosa festa de Entroido. 
Convertéronse na Tuna da Facultade de Ciencias de Toén e compartiron connosco as súas cancións.
E nós... encantados!

xoves, 2 de marzo de 2017

Dia grande de Entroido: Desfile e Comedias

O venres de entroido no cole sempre é estupendo.
Desfilamos lucindo os nosos disfraces e representamos as comedias que preparamos en cada clase.
Esta é unha tradición propia de Mugares, onde o martes de entroido se representaban no Eiró.

Os MARCIANIÑOS de EI


Os PIPETAS de 1º EP



Os ARQUEÓLOGOS de 2º EP



Os FISICOS de 3º EP



"ANIMAIS EN PERIGO" de 4º EP

Os

ROBÓTICOS de 5º EP






TOXIC TOURS de 6º EP




mércores, 1 de marzo de 2017

#Somos valentes

Xa sabedes que enviamos o noso rap  a Mediaset para colaborar na campaña  #sebuscan#valientes.
Pois, recibimos esta mensaxe :



Entrade  en calquera das páxinas que suxiren (facebook, twitter, instagram), ou no enlace e poderedes ver o que fixeron.

BEN FEITO, rapeir@s!!

martes, 28 de febreiro de 2017

Códigos QR: Os máis pequenos con Rosalia


  Os Códigos QR almacenan información nunha matriz de puntos ou nun código de barras bidimensional.
    Estes códigos unha vez lídos dende un móbil, permitiranvos visitar a páxina Web introducida de forma  automática. Só tendes que  descargar un lector de códigos. Hai múltiples lectores QR gratuitos, para todos os móbiles e tablets nas App Stores dos dispositivos.
 Atopade o lector axeitado para o voso terminal e descargádeo. 
Abride a aplicación e, mantendo o obxectivo da cámara  sobre  os códigos QR , escaneade as imaxes (O escaneo realízase en cuestión de segundos) e descubriredes o que se agocha detrás de cada código.



Mirade a actuación da clase de 2º EP neste QR 


Mirade o ben que cantaron os nenos e nenas de E. Infantil neste  QR



Entroido: Que comece a festa!

Febreiro é o mes do Entroido.
No cole vivímolo moi intensamente porque, durante toda a semana,  temos que obedecer os mandadiños de  Efrén .

  • "Un experimento preparaches, e cunha pinta moi rara quedaches!"


Invertimos moito tempo en elaborar os disfraces, e iso que temos axuda das mamás...!
Empregamos todo tipo de materiais e pinturas.
 Como este ano estamos traballando sobre a ciencia,  tivemos marcianiños, químicos, arqueólogos, físicos, animais en perigo de extinción, robots e supervivintes de Toén- zona 0

xoves, 23 de febreiro de 2017

#RosaliaDos


Grazas polos agasallos!
Desprazámonos ata o Centro de Día de Toén  para compartir a nosa homenaxe a Rosalía con todas as avoas e avós .
 Falámoslles sobre a vida da autora e recitamos poemas, algún deles convertido en canción...


Eles tiñan preparado para nós un xogo: Tiñamos que  ordear os versos duns poemas  que nos recitaron. A súa axuda foi inestimable para logralo: 

rosalia2017 by Slidely Photo Gallery

Despois, caracterizados coas nosas carautas de Rosalía e cos versos que cada un elixiu, fixemos fotos cos avós e as avoas  sumándonos así  a actividade proposta pola AELG. 

Rosalia2017 by Slidely Photo Gallery


mércores, 22 de febreiro de 2017

O souto das palabras

As paredes da escaleira  transformáronse nun souto e nunha carballeira con árbores cheíñas de follas coas nosas palabras favoritas.

Cal é a vosa?


O Souto das palabras by Slidely Photo Gallery

Acordádevos de votar polas vosas palabras os enlaces da entrada anterior e de animar aos vosos familiares e amigos a que o fagan. 

luns, 20 de febreiro de 2017

Dia da Lingua Materna


No galego, ao igual que en todas as linguas, hai moitas palabras fermosas, únicas, históricas, propias, prestadas...
Todas nos pertencen e debemos coidalas e protexelas para que coninuen formando parte da nosa fala, do noso patrimonio cultural.
No Día da Lingua materna, 21 de febreiro, queremos render homenaxe ás palabras da lingua galega.
Cada neno/a elixirá dúas palabras: a que mais lle gusta polo significado que ten,  e a que prefire pola súa sonoridade. Escribiráas dentro dunha folla de castiñeiro ou carballo acompañadas dun debuxo esquemático (visual thinking) e con todas elas construiremos o noso souto e a nosa carballeira de palabras fermosas.

Queremos elixir as dúas palabras preferidas e para iso tendes a vosa disposición uns formularios:






Para elixir as vosas palabras favoritas ( picade na imaxe)









Para elixir as palabras que vos gustan pola súa sonoridade (picade na imaxe)






Tod@s os  podemos colaborar votando

Animade aos vosos familiares e amigos!

domingo, 19 de febreiro de 2017

#RosalíaTe


Todos os anos, o  24 de febreiro, celebramos na escola o Día de Rosalía .

 A  AELG convídanos a recordar a  data de nacemento da autora participando nas actividades que propoñen por toda Galicia: lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro,  lectura do manifesto  elaborado este ano por Ledicia Costas ...

Este ano, o lema é  #RosalíaTe .

Cada alumna ou alumno converterase en Rosalía , caracterizándose empregando unha mácara que elaboraremos no colexio. Faremos un repaso da figura literaria da autora e a súa obra. Cada neno/a elixirá uns versos cos que elaborará un cartel .
Unha vez feito este traballo, compartirémolo cos "avós e avoas" do Centro de Día de Toén.

domingo, 12 de febreiro de 2017

Parabéns

Acto de entrega dos premios do I Concurso de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O sábado, 11 de febreiro,   no Salón de Graos do edificio Politécnico do Campus de Ourense  tivo lugar a entrega de premios e  alí estiveron, acompañados polos seus pais,  a súa mestra de CCNN e Lingua galega e a directora do centro ...

Lúa Domínguez Grande- 2º premio de debuxo
José Vidal González Gómez  - 2º premio de redacción
Sofía González Iglesias - 3º premio de redacción




A investigadora Verónica Salgueiriño impartiu unha charla co título ¿Que é a nanociencia? 
A continuación, o vicerreitor do campus de Ourense da Universidade de Vigo,  Virxilio Rodríguez e a investigadora Verónica Salgueiriño realizaron a entrega dos premios .

Os xornais Faro de Vigo e  La Voz de Galicia  fanse eco da noticia.


NORABOA!