O Concello de Toén invitou a Papá Noel para que viñera coñecer en directo os desexos das nenas e nenos do cole antes de comezar as vacacións de inverno.
E así o fixo.
Aparcou o trineo nos arredores do cole e... veu cargadiño de agasallos.
GRAZAS e... esperámoste o ano que ven!
ChegouPapaNoel by Slidely Photo Gallery
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
domingo, 23 de decembro de 2018
sábado, 22 de decembro de 2018
Nadal cinéfilo
Como bos afeccionados ao cine que somos, non podiamos deixar pasar estas datas sen invitar aos nosos personaxes preferidos a que viñeran ao cole.
E, aínda que vos pareza unha idea imposible... o Nadal é o que ten...
Ata aquí se achegaron Brancaneves (sen ananiños, porque dixo que non necesitaba compaña...), a Pequena Serea (que quedou a remollo no río) Dorothy e Toto, o Espantallo, o León e o Home de folladelata (en vez de iren a OZ, dirixíanse a Belén); a Bela Dormente (aínda debe estar metida na cama ), a Bela e a Besta, e ata Drácula . Tamén vimos de cerca aos protagonistas de "Mascotas", a Cincenta na súa carroza e a Peter Pan, o capitán Garfo e Campaiña voando, a Mary Poppins...
E non podía faltar o ultimo superheroe coñecido... Súper López
Todos apareceron para formar parte da nosa decoración navideña en forma de bolas para a árbore de Nadal e en forma de figuras do nacemento.
Había tamén uns códigos QR que enlazaban coas películas e puidemos ver un cachiño de cada unha delas nas tablets.
Nadal2019 by Slidely Slideshow
A decoración do comedor tamén estaba moi "currada"... Ademáis da árbore, decorada con productos de alimentación, Sara , axudada polo seu home, fixo un trineo tirado por un reno onde ía Papá Noel cargadiño de agasallos.
Gañamos o 2º premio do concurso organizado polo Concello de Toén...Non vos digo máis...

venres, 21 de decembro de 2018
Ler, no Nadal tamén

Estas son as recomendacións de Efrén para estes días nos que, teremos moooito tempo libre, mentres agardamos a chegada do Apalpador, Papá Noel, Father Christmas ou os Reis Magos .
Seguro que as horas se nos fan moito máis curtas se temos un libro nas mans.
E, para os que aínda non mandastes a carta definitiva, non esquezades pedir un libro !
LER E FACER (en tempo de inverno)
domingo, 16 de decembro de 2018
Gravamos con Braulio Bolechas
O pasado 11 de decembro Braulio Bolechas estivo no cole gravando un capítulo do seu programa Brauliotuber co que anda a percorrer todos os coles de Galicia.
O tema foi os traballos do campo. Trouxemos ferramentas e algúns produtos da horta e cantámoslle unha canción.
Estade atentos o día da emisión porque, en cada programa Braulio propón un reto, unha pregunta relacionada co tema do capítulo, e quen a acerte pode gañar un premio.
Entre todos os que contesten correctamente sortearase… un curso de inglés dos Bolechas!

luns, 10 de decembro de 2018
Parabéns aos premiados
xoves, 29 de novembro de 2018
domingo, 25 de novembro de 2018
!Non! é !NON!
A pesares de todos os avances, en pleno século XXI segue sendo necesario un día coma o 25 de novembro para loitar contra a violencia contra as mulleres en todas as súas formas.
"A violencia de xénero é global, non ten fronteiras. Dase en todos os países e sociedades e vai dirixida a todas as mulleres , sen distinción de clases, etnias ou grupos (... ) Non hai un perfil de víctima de violencia: o principal factor de risco é SER UNHA MULLER."
(Manifesto da Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo)
Nós quixemos sumarnos á visibilización deste día e realizamos diferentes actividades para desmontar os estereotipos e para que as nenas e os nenos interioricen que o xénero non fai que unha persoa sexa mellor ca outra e que as mulleres teñen dereito a decidir por elas mesmas e ser o que queiran ser ...

sábado, 17 de novembro de 2018
A maxia da ciencia
Como cada ano en novembro, adicámonos a promocionar a ciencia en GALEGO na biblioteca. Durante dúas semanas, a ciencia foi a protagonista .
Catro "mestríficas" fixeron varias experiencias relacionadas coa electricidade estática, a densidade, a capilaridade e explicaron ao alumnado os fundamentos científicos das mesmas.
Catro "mestríficas" fixeron varias experiencias relacionadas coa electricidade estática, a densidade, a capilaridade e explicaron ao alumnado os fundamentos científicos das mesmas.
Os pequenos gozaron dabondo cos experimentos, e comentaron que "parece maxia".
Maxia, porque o ben que o pasaron aprendendo ciencia foi realmente máxico
Agora tócalles a eles converterse en científicos e amosar aos seus compañeiros os experimentos que preparen nas aulas.
Pero iso será a próxima semana...
Ata entón ... que a ciencia vos acompañe!

luns, 12 de novembro de 2018
Cientificos de pelicula
Dende sempre, o cine tratou de deixar retratadas na pantalla historias e personaxes para que sexan recordados e admirados polo seu carácter único e polo seu exemplo de vida.
Moitas veces, a realidade supera a ficción, e persoas que existiron realmente poden chegar a ser un interesante punto de partida para unha produción cinematográfica- O ámbito científico é unha rama na que se poden atopar historias verdadeiramente inspiradoras.
1. "Sister Kenny" 1946
Nesta película podemos velo creando un dos primeiros telescopios e defendendo as teorías de Copérnico
3."Gorilas en la niebla" 1988
Sigourney Weaver interpreta a Dianne Fossey unha zoóloga e antropóloga que estudiou aos gorilas nas montañas de Ruanda e traballou en na sua protección e conservación.
Título orixinal: Gorillas in the Mist

4 "Una mente maravillosa" 2001
Dirixida por Ron Howard e protagonizada por Russell Crowe é unha das películas máis coñecidas que mostran a vida de John Nash, matemático gañador do Premio Nobel en Economía no ano 1994
(Título orixinal: A Beautiful Mind")
6. "La duda de Darwin" (2009)
Relata a loita interior que viviu o naturalista Charles Darwin a hor ade publicar a súa obra "A orixe Das Especies", un traballo que negaba a creación do universo por parte de Deus.
(Título orixinal: Creation")

7. "Ágora" 2009
No século IV, Hipatia de Alexandría, filla de Teón (o director da Biblioteca) dirixe unha escola filosófica onde imparte clases de matemáticas, astronomía
7: "El jardinero de Dios"
9. Temple Grandin 2010
Grandin foi moi eloxiada por ser unha das primeiras persoas con espectro autista en compartir públicamente puntos de vista da sua experiencia personal co autismo. Ademáis é a inventora da "caixa aperta", un dispositivo para tranquilizar a persoas con espectro autista. Tamén é unha grande defensora do benestar dos animais, sobre todo dos animais explotados pola industria gandeira

10. "La teoría del todo"2014
11. "Descifrando Enigma" 2014
Alan Turing é coñecido por ter descifrado o código da inquebrantable máquina Enigma dos alemans durante a Segunda Guerra Mundial. Esta película fai un retrato deste hombre brillante e complicado, un xenio que axudou a acortar a guerra e salvar miles de vidas.
Titulo orixinal The imitation game

12. "Marie Curie" 2016
Ao pouco tempo de que a parella Curie recibira o premio Nobel de Fisica, Pierre morre nun accidente e Marie vólcase nos seus estudos científicos nun mundo dominado polos homes e convértese na primeira muller en recibir unha cátedra na Sorbona de París.
13. Figuras Ocultas 2016

Narra a historia real de tres brillantes matemáticas afroamericanas da NASA que contribuiron de maneira fundamental a chegada do ser humano á lua, pero que foron eclipsadas polos rseus compañeiros masculinos.
14. Bombshell , la historia de Hedy Lamarr 2017

Considerada na década de 1940 como a muller más guapa do mundo, a mítica actriz fuoi tamén unha grande inventora. Hedy Lamarr, a estrela de Hollywood, pasaba as noites no seu laboratorio desenvolvendo patentes para o exército e ata ideou un proxecto de comunicación secreto que axudou ao exército aliado na loita contra os nazis
O sónar, o GPS, a 'wifi' ou o 'bluetooth' deben moito ás tecnoloxías desenvolvidas por Hedy Lamarr.
Moitas veces, a realidade supera a ficción, e persoas que existiron realmente poden chegar a ser un interesante punto de partida para unha produción cinematográfica- O ámbito científico é unha rama na que se poden atopar historias verdadeiramente inspiradoras.
Estas son algunhas películas baseadas na vida de científicos e científicas de todos os tempos.
1. "Sister Kenny" 1946
Biografía da enfermeira ElizaBeth Kenny que se deu a coñecer cos seur revolucionarios tratamentos para a parálise infantil tras a súa experiencia con pacientes con polio
Galileo Galilei, un brillante matemático e astrónomo do século XVI, contribuiu de maneira decisiva ao desenvolvemento científico. As súas teorías sobre o sistema solar enfrentárono coas poderosas autoridades eclesiásticas da época.
Nesta película podemos velo creando un dos primeiros telescopios e defendendo as teorías de Copérnico 3."Gorilas en la niebla" 1988
Sigourney Weaver interpreta a Dianne Fossey unha zoóloga e antropóloga que estudiou aos gorilas nas montañas de Ruanda e traballou en na sua protección e conservación.
Título orixinal: Gorillas in the Mist

4 "Una mente maravillosa" 2001
Dirixida por Ron Howard e protagonizada por Russell Crowe é unha das películas máis coñecidas que mostran a vida de John Nash, matemático gañador do Premio Nobel en Economía no ano 1994
(Título orixinal: A Beautiful Mind")
5. "Einstein y Eddington" - 2008
Situada nos primeiros anos do século XX, móstranos a relación de Einstein co experimentado astrofísico inglés Sir Arthur Eddington que difundiu a Teoría da Relatividade de Albert Einstein cando este estaba comezando a súa carreira e era aínda pouco coñecido en terras británicas.
6. "La duda de Darwin" (2009)Relata a loita interior que viviu o naturalista Charles Darwin a hor ade publicar a súa obra "A orixe Das Especies", un traballo que negaba a creación do universo por parte de Deus.
(Título orixinal: Creation")

7. "Ágora" 2009
No século IV, Hipatia de Alexandría, filla de Teón (o director da Biblioteca) dirixe unha escola filosófica onde imparte clases de matemáticas, astronomía
7: "El jardinero de Dios"
Narra un periodo da vida do científico austriaco Gregor Mendel, pai da xenética moderna. No seu xardín fixo os seus descubrimentos que non lle foron recoñecidos ata varias décadas despois.
8. El viaje de Jane 2010
Unha película documental que nos presenta a historia da antropóloga Jane Goodall, unha muller que loitou durante máis de 50 anos de xeito incansable polos dereitos dos animais e pola protección do medio ambiente
9. Temple Grandin 2010Grandin foi moi eloxiada por ser unha das primeiras persoas con espectro autista en compartir públicamente puntos de vista da sua experiencia personal co autismo. Ademáis é a inventora da "caixa aperta", un dispositivo para tranquilizar a persoas con espectro autista. Tamén é unha grande defensora do benestar dos animais, sobre todo dos animais explotados pola industria gandeira

10. "La teoría del todo"2014
Repasa os inicios do físico Stephen Hawking na universidade, a súa tesis, a súa enfermidade e os seus exitos en materia de divulgación
. (Título original: Theory of Everything "
11. "Descifrando Enigma" 2014Alan Turing é coñecido por ter descifrado o código da inquebrantable máquina Enigma dos alemans durante a Segunda Guerra Mundial. Esta película fai un retrato deste hombre brillante e complicado, un xenio que axudou a acortar a guerra e salvar miles de vidas.
Titulo orixinal The imitation game

12. "Marie Curie" 2016
Ao pouco tempo de que a parella Curie recibira o premio Nobel de Fisica, Pierre morre nun accidente e Marie vólcase nos seus estudos científicos nun mundo dominado polos homes e convértese na primeira muller en recibir unha cátedra na Sorbona de París.
13. Figuras Ocultas 2016

Narra a historia real de tres brillantes matemáticas afroamericanas da NASA que contribuiron de maneira fundamental a chegada do ser humano á lua, pero que foron eclipsadas polos rseus compañeiros masculinos.
14. Bombshell , la historia de Hedy Lamarr 2017

Considerada na década de 1940 como a muller más guapa do mundo, a mítica actriz fuoi tamén unha grande inventora. Hedy Lamarr, a estrela de Hollywood, pasaba as noites no seu laboratorio desenvolvendo patentes para o exército e ata ideou un proxecto de comunicación secreto que axudou ao exército aliado na loita contra os nazis
O sónar, o GPS, a 'wifi' ou o 'bluetooth' deben moito ás tecnoloxías desenvolvidas por Hedy Lamarr.
domingo, 11 de novembro de 2018
Mmmm... que ricas!
Non todo vai ser traballar! .
Xogar cos amigos e pasalo ben tamén é importante.
Mentres os profes se encargaban de facer a fogueira para asar as castañas, os rapaces tivemos tempo de xogar . Había moitos xogos diferentes e, por grupos, iamos pasando dun a outro acompañados dun profe.
Os que se encargaron das castañas fixérono moi ben, porque estaban realmente deliciosas.

sábado, 10 de novembro de 2018
Magosto de película
O magosto no cole é moito máis que comer castañas asadas. Facemos moitas outras actividades.
Este ano, unha delas foi o "tuneo" de castañas.
Como andamos co proxecto sobre o cine, o "tuneo" tiña que relacionarse co tema: profesións, personaxes ...
Había que poñer en marcha a creatividade !
E así, comezaron a chegar ao cole actrices e actores, cámaras, directores e personaxes do máis diverso: personaxes de debuxos animados como Turbo, Madagascar ou o Rei León; de ciencia ficción como E.T. ou Hulk ... 🐿️🐿️
No seguinte video, podedes ver todo o que deu de sí a imaxinación das familias :

martes, 6 de novembro de 2018
Educación Vial: O corazón está do teu lado
A Conselleira de Infraestructuras e Vivenda, acompañada polo alcalde de Toén e outras autoridades visitaron esta mañá o colexio para presentar a campaña de educación viaria da Xunta que ten como lema "O corazón está do teu lado" e ten como obxectivo que os nenos coñezan e respecten as normas de seguridade viaria, fomentando neles hábitos e conductas seguras.Repartiron entre os rapaces unidades didácticas que inclúen actividades para traballar na escola ao longo do curso e tamén chapas reflectantes para colocar na mochila ou na roupa e facerse ver cando circulen pola estrada _ sempre pola marxe esquerda, o lado onde temos o corazón_ e así evitar accidentes.
Varios medios de comunicación fixéronse eco da visita:
domingo, 4 de novembro de 2018
Xa está aquí ... o Samaín
Nós celebramos o Samaín o venres día 2, día de defuntos.
Como sempre facemos, tratamos de relacionar a celebración co tema do noso proxecto anual, o cinema. Ao longo de toda a semana, Clara e Sara, ademáis de decorar o comedor dun xeito arrepiante, cociñaron para nós os pratos máis abraiantes
ComedorTenebroso by Slidely Slideshow
Escribimos un "poemiña" para informar aos nenos das películas nas que se podían inspirar para elixir os disfraces.
Cada clase preparou o cartel dunha das películas .
Samaín de pelicula by Slidely Slideshow
Cantamos cancións de medo e os alumnos de 6º EP fixeron un esconxuro que, como se faga realidade... non vos quero contar as "pintas" que traerán os profes o vindeiro día...!
E, para os que quixeron vivir unha experiencia inesquecible e pasar medo de verdade, os profes prepararon un "cuarto do terror" . Non sabemos o que había alí dentro pero, pódovos dicir que os que se atreveron a entrar e lograron sobrevivir, saían coas caras esbrancuxadas e cos ollos abertos coma pratos....
Non vos digo máis!
OCuartoDoTerror by Slidely Slideshow
Así que, se esta noite oídes o tintinar dunha campaíña 🔔, atrancade fiestras e portas…
Poida que sexa a Santa Compaña!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
%2B(62).gif)