Moitas veces, a realidade supera a ficción, e persoas que existiron realmente poden chegar a ser un interesante punto de partida para unha produción cinematográfica- O ámbito científico é unha rama na que se poden atopar historias verdadeiramente inspiradoras.
Estas son algunhas películas baseadas na vida de científicos e científicas de todos os tempos.
1. "Sister Kenny" 1946
Biografía da enfermeira ElizaBeth Kenny que se deu a coñecer cos seur revolucionarios tratamentos para a parálise infantil tras a súa experiencia con pacientes con polio
Galileo Galilei, un brillante matemático e astrónomo do século XVI, contribuiu de maneira decisiva ao desenvolvemento científico. As súas teorías sobre o sistema solar enfrentárono coas poderosas autoridades eclesiásticas da época.
Nesta película podemos velo creando un dos primeiros telescopios e defendendo as teorías de Copérnico
3."Gorilas en la niebla" 1988
Sigourney Weaver interpreta a Dianne Fossey unha zoóloga e antropóloga que estudiou aos gorilas nas montañas de Ruanda e traballou en na sua protección e conservación.
Título orixinal: Gorillas in the Mist
4 "Una mente maravillosa" 2001
Dirixida por Ron Howard e protagonizada por Russell Crowe é unha das películas máis coñecidas que mostran a vida de John Nash, matemático gañador do Premio Nobel en Economía no ano 1994
(Título orixinal: A Beautiful Mind")
5. "Einstein y Eddington" - 2008
Situada nos primeiros anos do século XX, móstranos a relación de Einstein co experimentado astrofísico inglés Sir Arthur Eddington que difundiu a Teoría da Relatividade de Albert Einstein cando este estaba comezando a súa carreira e era aínda pouco coñecido en terras británicas.
Relata a loita interior que viviu o naturalista Charles Darwin a hor ade publicar a súa obra "A orixe Das Especies", un traballo que negaba a creación do universo por parte de Deus.
(Título orixinal: Creation")
7. "Ágora" 2009
No século IV, Hipatia de Alexandría, filla de Teón (o director da Biblioteca) dirixe unha escola filosófica onde imparte clases de matemáticas, astronomía
7: "El jardinero de Dios"
Narra un periodo da vida do científico austriaco Gregor Mendel, pai da xenética moderna. No seu xardín fixo os seus descubrimentos que non lle foron recoñecidos ata varias décadas despois.
8. El viaje de Jane 2010
Unha película documental que nos presenta a historia da antropóloga Jane Goodall, unha muller que loitou durante máis de 50 anos de xeito incansable polos dereitos dos animais e pola protección do medio ambiente
9. Temple Grandin 2010Grandin foi moi eloxiada por ser unha das primeiras persoas con espectro autista en compartir públicamente puntos de vista da sua experiencia personal co autismo. Ademáis é a inventora da "caixa aperta", un dispositivo para tranquilizar a persoas con espectro autista. Tamén é unha grande defensora do benestar dos animais, sobre todo dos animais explotados pola industria gandeira
10. "La teoría del todo"2014
Repasa os inicios do físico Stephen Hawking na universidade, a súa tesis, a súa enfermidade e os seus exitos en materia de divulgación
. (Título original: Theory of Everything "11. "Descifrando Enigma" 2014
Alan Turing é coñecido por ter descifrado o código da inquebrantable máquina Enigma dos alemans durante a Segunda Guerra Mundial. Esta película fai un retrato deste hombre brillante e complicado, un xenio que axudou a acortar a guerra e salvar miles de vidas.
Titulo orixinal The imitation game
12. "Marie Curie" 2016
Ao pouco tempo de que a parella Curie recibira o premio Nobel de Fisica, Pierre morre nun accidente e Marie vólcase nos seus estudos científicos nun mundo dominado polos homes e convértese na primeira muller en recibir unha cátedra na Sorbona de París.
13. Figuras Ocultas 2016
Narra a historia real de tres brillantes matemáticas afroamericanas da NASA que contribuiron de maneira fundamental a chegada do ser humano á lua, pero que foron eclipsadas polos rseus compañeiros masculinos.
14. Bombshell , la historia de Hedy Lamarr 2017
Considerada na década de 1940 como a muller más guapa do mundo, a mítica actriz fuoi tamén unha grande inventora. Hedy Lamarr, a estrela de Hollywood, pasaba as noites no seu laboratorio desenvolvendo patentes para o exército e ata ideou un proxecto de comunicación secreto que axudou ao exército aliado na loita contra os nazis
O sónar, o GPS, a 'wifi' ou o 'bluetooth' deben moito ás tecnoloxías desenvolvidas por Hedy Lamarr.
Moi boas peliculas Carmen. Grazas.
ResponderEliminar