Dia 12/12/2012 ás 12.
Tod@s os que estabamos no cole (alumn@s, profes e cociñeiras), ademáis de dúas mamás que viñeron acompañarnos (grazas por vir e por estar sempre aí) reunímonos no patio para recitar, ou mellor dito, rapear, o poema de Celso Emilio.
A profe María fixo o mural-cadro e os nenos, nenas e profes axudámoslle a colorealo.
Quedou así de precioso!
É unha artista ... unha verdadeira artista!
Deitado frente ao mar
Este poema de Celso Emilio Ferreiro apareceu publicado por primeira vez en 1962 no libro "Longa Noite de Pedra".
Nel, o autor fai unha defensa contundente da lingua galega, da NOSA LINGUA NAI.
Nós subscribimos todo o que di nos seus versos, un por un.
Gravamos uns vídeos rapeando, pero mentres os editamos, podedes ver este que preparamos coas fotos:

Encántame...canto traballo!!!
ResponderEliminar