Ao rematar o ano no que se cumpre o centeario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unhas das figuras máis relevantes da literatura galega da segunda metade do século XX, decidimos rendirlle homenaxe sumándonos á iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL).
E, en que consiste esta iniciativa?
Pois nun acto colectivo de recitado público do seu poema "Deitado fronte ao mar" (Longa noite de pedra, 1962), un dos seus poemas máis emblemáticos.
Se queredes participar neste acto, so tendes que achegarvos ao colexio o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas.
Pero nós xa comezamos o día 5.
Pintamos no patio os primeiros versos do poema para mostrar o noso compromiso cara á lingua galega, porque si, porque nos peta.
Escoitade a gravación do rap que preparamos para o día 12. Prometemos seguir ensaiando!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario