BLOGUESQUÍO
Blogue da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
venres, 19 de decembro de 2025
mércores, 10 de decembro de 2025
25 N
O pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. O alumnado decorou uns panos con lemas contra dita violencia relacionándoos co tema do proxecto do centro deste curso que é "A Vestimenta: Máis que moda".
Algúns deses lemas foron:
- Vístome como quero.- Cosemos fíos de igualdade.- O noso patrón é o respecto.- Cortamos a tea da violencia.Repartíronse pegatinas co lema "vestímonos de respecto"E o alumnado de 1º creou e interpretou un rap titulado “Xa me visto eu, non me vistes ti”
venres, 5 de decembro de 2025
mércores, 12 de novembro de 2025
Mensaxe de Efrén para o alumnado de 3º e 4º
Mensaxe de Efrén para o alumnado de 3º e 4º de Primaria.
Vémonos pronto !!!
xoves, 30 de outubro de 2025
DÍA DA BIBLIOTECA
O 24 de Outubro, celebramos na escola o Día da Biblioteca.
O lema deste ano é :
Contra a Desinformación: Bibliotecas.
Para conmemorar este día, disfrutamos da actuación de Servando Barreiro, que nos animou coa súa música.
Presentáronse os colaboradores deste curso escolar.
Visitounos Efrén, que fixo entrega das mochilas viaxeiras ao alumnado de infantil, 1° 2 °3°e 4° de primaria.
Desexamos un ano de moitas aventuras lembrando que...O noso mellor outfit: curiosidades e ganas de ler.
mércores, 22 de outubro de 2025
SAÍDA SANTIAGO 4º 5º 6º
Hoxe, o alumnado de 4º, 5º e 6º visitamos a exposición ORIXES, na Cidade da Cultura de Santiago, a exposición de Castelao. Unhas experiencias estupendas.
Logo estivemos vendo o Museo do Pobo Galego onde visitamos o panteón dos Galegos e Galegas Ilustres e as diferentes salas, mentras tratabamos de dar resposta a unha morea de preguntas. Unha experiencia maravillosa. Non hai como ollar para atrás para comprender o que somos e onde estamos hoxe.
Ata a próxima.



































































































