venres, 20 de novembro de 2026

Día Universal da Infancia

 

Unha viaxe na que todos os dereitos contan!

Con motivo da celebración do Día Universal da Infancia, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria converteuse hoxe en protagonista dunha exposición moi especial dirixida a todo o alumnado do centro.

Nesta ocasión, quixeron relacionar esta conmemoración co noso Proxecto Documental Integrado (PDI), Turismo sostible e resiliente, propoñéndonos unha viaxe moi diferente: unha viaxe cara a un mundo mellor, no que se respecten todos os dereitos dos nenos e das nenas.

Partindo da idea de que unha viaxe sostible é aquela na que coidamos o planeta, respectamos as persoas e non deixamos a ninguén atrás, prepararon un percorrido con diferentes paradas para dar a coñecer algúns dos dereitos fundamentais da infancia:

  • O dereito a unha vivenda digna.

  • O dereito á saúde.

  • O dereito á educación.

  • O dereito a ter unha familia.

  • O dereito a estar protexido/a.

  • O dereito a xogar.

  • O dereito a un medio ambiente saudable.

  • O dereito á igualdade.

  • O dereito a expresar a nosa opinión.

  • O dereito a non ser discriminado/a.

  • O dereito á alimentación.

Unha exposición que nos permitiu lembrar que a sustentabilidade vai moito máis alá do coidado da natureza: tamén implica construír unha sociedade máis xusta, inclusiva e respectuosa cos dereitos de todas as persoas.

Grazas ao alumnado de 3º e 4º por compartir con todo o cole esta mensaxe tan importante e por lembrarnos que, nesta viaxe, todos os dereitos contan e ninguén debe quedar atrás! 🌍🌈



















Ningún comentario:

Publicar un comentario