Dende a súa primeira aparición, houbo persoas que consideraron ao libro como algo mais que "unha obra impresa ou manuscrita nunha serie de follas de papel ou pergamino ou outro material, encuadernadas e protexidas cunhas tapas" .
Borges, que tanto ten escrito sobre os libros e a lectura, di: “De todos los instrumentos del hombre, el más asombroso es, sin duda, el libro. Los demás son extensiones de su cuerpo. El microscopio, el telescopio, son extensiones de su vista; el teléfono es extensión de la voz; luego tenemos el arado y la espada, extensiones del brazo. Pero el libro es otra cosa: el libro es una extensión de la memoria y la imaginación”.
É dicir, a maioría dos instrumentos que empregamos prolongan o noso corpo, pero o libro prolonga o espíritu, e iso fai que sexa especialmente importante.
Teño un amigo "informático" que dí "Estou seguro que si o libro se tivese inventado despois das computadoras, todo o mundo o consideraría un gran progreso" . E ten razón: o libro é algo moi ben pensado, pois o seu motor non é calquera mecanismo, senón a nosa propia atención.
En moitas vilas e cidades de Galicia, España, Europa, ... consideran que os libros son tan importantes na nosas vidas que non desexan que estean só nas bibliotecas...
Debe ser por iso que queren telos presentes nas rúas, nas prazas, nos parques... ata hai un pobo que ¿adiviñades como se chama?
Dende a Biblio tamén queremos rendir a nosa pequena homenaxe a ese obxecto precioso e necesario, a ese algo que nos serve de decoración, de compaña ... de vicio...
Customize your own slideshow |
Ningún comentario:
Publicar un comentario