sábado, 21 de abril de 2012

Navegamos con Simbad o mariñeiro...

Como estaba previsto, e a pesares do mal tempo para navegar, o día 19 Simbad atracou o seu bergantín (ou era unha goleta?)  na nosa escola e invitounos a viaxar con el polos mares dos libros.
Acompañámolo de boa gana, pois ler é unha das nosas afeccións e o seu libro gustounos dabondo.
Francisco Castro, o autor de "Chamádeme Simbad", chegounos ao corazón e deixou a súa pegada na nosa escola... ( tanto, que máis de un ou de dous decidiron que querían ser escritores/as coma el). 
Unha vez mais, GRAZAS!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own slideshow

4 comentarios:

  1. Hola, son Susi, a nai de María e Candela. Grazas por este recordo tan bonito Efrén. É un orgullo!!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas. Xa sabes que tentamos facelo o mellor que podemos.
      Bicos

      Eliminar
  2. Foi unha fermosa tarde, guardareina cos mellores dos meus recordos , espero que veñan mais como estas, para min foi un honor ser unha pequena parte diste maravilloso "enredo" con mi cómplice Fran , al que estarei eternamente agradecida.Biquiños Efren.

    ResponderEliminar