domingo, 1 de abril de 2012

Día do Libro infantil

O  día 2 de abril está dedicado ao Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.  Tamén se conmemora   o nacemento do célebre escritor dinamarqués  Hans Christian Andersen, autor de contos como "A sereíña" , "O parrulo feo, "O traxe novo do emperador", "O soldadiño de chumbo"...e moitos outros que veñen acompañando a infancia de moitos nenos ao longo de moitas xeracions.


Quen foi Hans Christian Andersen?
Na súa autobiografía, titulada " O conto da miña vida", o escritor dinamarqués (1805-1875) di que a súa nai, unha lavandeira, non sabía ler. O seu pai, que era zapateirolíalle moito e Andersen foi devorando todos os libros que lle daba.  Era un neno solitario, que nunca xogaba con outros nenos. Os seus compañeiros e amigos eran os libros.
Andersen tivo unha infancia marcada pola pobreza.  Aos 11 anos de idade, cando seu pai morreu,  tivo que deixar a escola e comezar a traballar no que puido para sobrevivir. Foi axudante de xastre, obreiro nunha fábrica de cigarros, ata que chegou ao teatro. Alí, traballou con títeres, e comezou a bailar e cantar,  destacando  pola súa voz de soprano . Pero coa mocidade, a súa voz cambiou, e Andersen pasou a se dedicar á escritura. Durante este período, escribiu pezas de teatro, poemas, novelas, e con 24 anos, entrou na Universidade de Copenhague, cando  o seu recoñecemento como dramaturgo e poeta, era evidente.


Obras  de Hans  Christian Andersen
Andersen publicou máis de cen historias para nenos. "O Parruliño Feo", "A Pequena Serea" e "As roupas novas do Emperador" están entre os seus contos máis famosos, inspirados  por lendas e crenzas populares da sua Dinamarca nativa. As historias foron traducidas a máis de 80 linguas e transformadas en obras de arte no cinema e no teatro.
Ademais, Andersen publicou tamén pezas de teatro, libros de viaxesnovelas e poemas. A súa morte ocorreu aos 70 anos de idade. El non tiña fillos, pero deu vida a moitos persoaxes que, coas súas incribles historias, ilusionaron a moitos nenos durante moitas xeneracións


A celebración deste día é só unha excusa para recordarnos que a maxia dos libros empeza a formar grandes lectores xa dende a infancia.

Se queres saber máis, preme na seguinte ligazón:  http://oblogdegalix.blogspot.com.es/2012/02/dia-internacional-do-libro-infantil_20.html
E agora, uns contos de Andersen:
+ O parruliño feohttp://www.youtube.com/watch?v=_Sxean7YjiY&feature=related
+ O soldadiño de chumbohttp://www.youtube.com/watch?v=qfUTEs6gnhQ
+ O traxe novo do emperadorhttp://www.youtube.com/watch?v=3QNMsbJtDzI&feature=related

Ningún comentario:

Publicar un comentario