domingo, 28 de outubro de 2012

A Arte: materia obrigatoria

"Surfeando" pola rede atopei este video con  letra e a música   de Jesús Sáez e realizado polo grupo Masartísticas para defender a presenza das ensinanzas artísticas na educación.
 Tamén  recollen  as esixencias que se escoitan nestes tempos tanto na rede coma na rúa :unha educación pública de calidade e unha lei de educación estable e consensuada, non suxeita aos cambios políticos.

Aquí volo deixo:


venres, 26 de outubro de 2012

Volve a noite dos mortos...

Está a piques de chegar de novo o Samaín, unha festa de orixe celta que os EEUU popularizaron como Halloween e difundiron a través do cinema.
Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno.
No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas.Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo, a maior parte das tradicións pagás foron alteradas  ou prohibidas. A noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa perviviu  o costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron os vellos costumes aos Estados Unidos.

Neste mural dixital atoparedes recursos para celebrar esta festa con cancións terroríficas , películas arrepiantes , libros monstruosos  ... e moito máis.
Picade nos enlaces se vos atrevedes  e... deixádevos levar  ao máis alá....

xoves, 25 de outubro de 2012

O Día da nosa Biblio

Todas e todos participamos con moito entusiasmo na celebración do Día da Nosa Biblio e Efrén agasallounos cun punto de lectura.
Puxemos en práctica un xogo que nos gusta moito: Lecturas Compartidas
Non sabedes como se xoga? 
Queredes coñecer as regras?
 Aquí volas deixo:

Open publication - Free publishing - More animacion

Tamén vos deixo as fotos da actividade:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow generated with Smilebox

martes, 23 de outubro de 2012

Descubrindo a Biblio

Como sei que  sodes socios do "Club de Amigos da Biblio" e coñecedes todos os seus recunchos porque a visitades moi a menudo ... aquí vos deixo uns xogos para que demostredes a vosa "sabedoría"
(Isto é un reto. A ver quen é  capaz de superalo)

sábado, 20 de outubro de 2012

Semana da Biblioteca

Coma cada ano, no mes de outubro a protagonista é a Biblioteca.O día 24 celebramos o Dia Internacional das Bibliotecas grazas a iniciativa dos Amigos do Libro infantil e XuvenilAlguén dixo que "onde hai unha biblioteca hai unha luz" e dende o colexio queremos que esa "luz" chegue a todos e todas, non só aos nenos e nenas, que á visitan moi a menudo, senón tamén ás familias. Porque os libros son unha  maneira de voar, de viaxar no tempo e no espazo, de enriquecernos coa única riqueza que merece realmente a pena... e o exemplo das familias é fundamental para consolidar o hábito lector.
Entrade, a porta está aberta para participar, ler, descubrir 
e pasar un bo rato xuntos.
Acompañade a Efrén  nesta viaxe e descubriredes como movervos pola biblio coma un peixe pola auga, ou mellor dito, coma un libro polos andeis....
Acompaña a Efren na súa visita á Biblioteca escolar

Aqui vos deixo tamén un conto que vos axudará a entender como están clasificados os libros na nosa biblioteca e en todas as do mundo...

xoves, 18 de outubro de 2012

Herman Melville e "Moby Dick"

Herman Melville enWikipedia
Hoxe fai 161 anos que Herman Melville publicou a súa novela "Moby Dick" que narra a persecución do capitán Ahab a unha balea branca a bordo do barco baleeiro Pequod. A historia está narrada por Ismael, un grumete que é testigo de todas as aventuras.
Na novela aparecen extensas e detalladas descripcións da caza das baleas no século XIX e multitude de detalles sobre a vida dos mariñeiros de aquela época. 
Aquí vos deixo a novela e unha das películas que se fixeron sobre este libro.
A novela

domingo, 14 de outubro de 2012

"Love me do": Feliz aniversario!

Este mes (o día 5, para ser exactos), The Beatles _se aínda cantaran xuntos_ celebrarían un importante aniversario: os 50 anos do seu primeiro single "Love me do", o  inicio da súa carreira discográfica.
Este foi o comezo de todo.
Ninguén sabía que sería o grupo que revolucionaría a música e a cultura.
Dende entón nada foi igual ...


Non é unha das súas mellores cancións, aínda faltaban uns anos para que todo o seu talento  aflorara, pero foi a orixe de todo un fenómeno de masas que aínda perdura e o principio dun dos mellores grupos da historia.
Paul McCartney, con algunha aportación de John Lennon,  compuxera esta canción cando tiña 16 anos, con dous acordes e unha letra do mais sinxelo.

Love, love me do / You Know I love you 
 I’ll always be true / so please, love me do…

Someone to love / somebody new
Someone to love / Someone like you

The Beatles  xa eran coñecidos en Liverpool, a súa cidade, pero aínda eran descoñecidos no resto do país.
Ese ano a canción so alcanzou o posto 17 das listas de éxitos no Reino Unido, pero dous anos despois foi número 1 nos Estados Unidos.
Esto preparou o terreo para o primeiro gran éxito da banda: "Please, please Me"

A Beatlemanía xa estaba en marcha...

50 anos xa! Hai que ver como pasa o tempo!

Máis cancións de The Beatles:

Come together
Can't buy me love

Yesterday

Yellow submarine

All together now



E moitas mais neste enlacehttp://www.goear.com/search/the-beatles/

E as letras, aquíhttp://www.metrolyrics.com/beatles-lyrics.html

xoves, 4 de outubro de 2012

Como sería o mundo se todos pensaran coma MAFALDA?



Fonte: mafalda.dreamers.com

Mafalda é un personaxe de historietas creado polo humorista gráfico arxentino QUINO. É unha nena moi especial, que ama aos Beatles e odia a sopa, que cuestiona a vida dos adultos e está moi preocupada polo destino da humanidade.
A primeira tira foi publicada  en 1964 , así que acaba de cumprir case 50 anos. 
As súas historias foron traducidas a mais de 30 idiomas e teñen moito éxito en Latinoamérica e Europa. Tamén se fixeron versións animadas que lles deron movemento e voz aos personaxes.
A súa última tira apareceu en 1973 e, aínda que pasaron casi corenta anos, as súas queixas, preguntas e pensamentos a cerca de temas relativos a liberdade, os dereitos humanos, a paz , a educación e a familia seguen tan vixentes coma entón.
A través dos seus ditos e accións denuncia a maldade e a incompetencia da humanidade para solucionar problemas como a fame ou as guerras. 
Está convencida do progreso social das mulleres e imaxínase de maior estudiando idiomas e traballando como intérprete nas Nacións Unidas para contribuír a paz mundial.





OS AMIGOS DE MAFALDA  

Mafalda é a protagonista pero non está soa. Estes son os seus amigos (e amigas)



Non vos apetece coñecelos?
http://www.youtube.com/watch?v=ydazeXYFpnI&feature=related
Seguro que pasades un bo rato