xoves, 2 de maio de 2013

O mellor regalo... Un conto

As  nenas e os nenos de primeiro decidiron que, esta vez, ían apadriñar ¡ unha clase enteira ! Visitaron as aulas de E Infantil para levarlles aos compañeir@s o seu agasallo : un conto, por suposto.
Elixiron o regalo, "envolvérono" por parellas, en grupos ou individualmente e leváronllo aos destinatari@s, que  quedaron moi agradecidos...

  • Aroa, Candela R e Zoe contan: "Os Bolechas fan maxia", de Pepe Carreiro 

  • Hugo Hervella cóntanos o conto de David Mckee "O día de Elmer"




  • Gabriel e Hugo Gallego cóntannos o conto "Unha eiruga moi larpeira" de Eric Carle 

1 comentario:

  1. Na escola de Vide, dámonos tamén por "apadriñados" por vós con estas marabillosas narracións.

    Moitas gracias e parabéns.

    ResponderEliminar