Estamos entre os 3 blogs gañadores!!
Iso quere dicir que xa conseguimos un dos tres peóns: ouro, prata ou bronce.
Cal deles gañamos, saberémolo o día 8 de xuño en Madrid, cando se entreguen os premios.
Pero, sabedes o que vos digo? Que o trofeo é o menos importante... O premio é estar aí, entre os tres blogs que o xurado considerou mellores, de todos os presentados ao concurso (e pódovos asegurar que foron moitos).
Estes premios, teñen un enorme prestixio entre os docentes de toda España e Latinoamérica e pretenden valorar a importancia e repercusión dos blogs na educación, como ferramentas didácticas para o desenvolvemento de contidos curriculares e a motivación dos alumn@s. Recoñecen o traballo dos mestres e alumn@s e as boas prácticas educativas no ámbito das TIC.
E cando un premio o recibes dos teus compañeir@s de profesión que pensan que o teu traballo merece a pena, é unha honra .
O recoñecemento vale, se cabe, máis que calquera outro premio.
As nosas felicitacións a todos os blogs gañadores, e a todos os que participaron polo altísimo nivel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario