Este ano, ademáis diso, tamén lle pedimos que informara as nenas e nenos sobre a súa afición, que a ten convertido nunha verdadeira experta. Ela coñece cales son os cogomelos máis apreciados, cales non son tan saborosos, os que poden ser tóxicos e incluso os que poden ser mortais só con tocarlles...
Para a súa "conferencia" achegounos unha verdadeira exposición dos cogomelos que se poden atopar no concello de Toén con cadanseu nome. Clasificounos en cogomelos que son comestibles e que son tóxicos ,co grao de perigosidade de cada un. Tamén trouxo unha mostra da vexetación onde é máis probable atopalos.
Unha verdadeira marabilla!!
Todo o cole pasou pola clase de 5º para aprender cousas sobre estes seres, e os alumn@s foron os encargados de explicarlles aos mais pequenos todo o que tiñan aprendido,
engadindo ademáis información científica:
- Falaron dos reino dos fungos.
- Alimentación e reprodución.
- Partes do cogomelo.
- Normas básicas de comportamento no monte.
- Perigos dalgunhas especies.
- E por último respostaron varias preguntas dos compañeir@s.
Para rematar, con toda a información reunida, editamos este caderniño . Esperamos que o atopedes interesante:
Ningún comentario:
Publicar un comentario