martes, 31 de decembro de 2013

Ano novo ...



Que comezar  un novo ano sexa a oportunidade para novas alegrías, que atopemos novos libros que nos sorprendan, que nos cambien, que nos fagan mellores e que compartir, axudar, e participar sexan os verbos que nos permitan  escribir  o libro das nosas vidas.

Grazas  a tod@s por  non  resignarvos a ser só personaxes secundarios nesta  comunidade escolar, e por formar parte do grupo dos que sabemos que os libros, ademais de entreter e ser sementes de cultura, poden ser un medio de compartir, vivir aventuras e facernos máis persoas.

1 comentario:

  1. Biquiños Efrén . Os nen@ de 3º e 4º queremos desexarte un novo ano cheíño de aventuras e historias fantásticas.

    ResponderEliminar