O DÍA DA BIBLIOTECA celébrase en todo o estado e serve para dar visibilidade a todas e cada unha das bibliotecas que abren as súas portas día a día para acoller ás persoas en procura de lectura e de coñecemento, pero tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencias lectoras, pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos.
A nosa Biblioteca, coma todas as bibliotecas escolares celebra todos os días a súa existencia, e arredor desta data, e durante todo o mes de outubro, levamos a cabo actividades dedicadas a dar a coñecer as súas posibilidades, ensinar ao alumnado a usar os seus recursos e animar a grandes e pequenos a que aproveiten as súas oportunidades: libros, materiais audiovisuais, recursos electrónicos, equipamentos, espazos atractivos, actividades motivadoras ( lecturas compartidas, acompañamentos lectores, hora do conto, mochilas viaxeiras, exposicións e presentacións de traballos, formación de usuarios e usuarias, "aprender a investigar"... ).
As bibliotecas poden considerarse unha base de exploración persoal e colectiva, o inicio de viaxes reais ou imaxinarias, o espazo de encontro consigo mesmo e cos outros. (Texto adaptado do Blog De Bibliotecas Escolares de Galicia)
Embaixo podedes ver as fotos dos máis pequenos coas súas madriñas e padriños lectores .
Porque... O mellor regalo que lle podes facer a alguén é o TEU TEMPO. This picture slideshow personalized with Smilebox |
E, como este curso, o tema do noso Proxecto Anual é o mundo das historietas, os nenos e nenas convertéronse en personaxes de cómic para agasallar á Biblioteca no seu DIA dedicándolle unhas palabras ben fermosas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario