"Alto me vexo

por unha risada
quedei sen nada"
Esta é unha das adiviñas que me ensinou a miña bisavoa cando era nena.
Aínda que non vos dera pistas, saberiades que o que fala é o ourizo que ao abrirse. deixa caer a castaña.
Moitas castañas xa abandonaron o seu carapucho e están ciscadas nos soutos, outras xa foron apañadas e xa as estamos disfrutando asadas, cocidas ou en doces máis elaborados.
Como todos os anos neste tempo de outono celebramos a festa das castañas na casa e no cole.
Esta vez decidimos facer un traballo de investigación sobre o magosto: os preparativos da festa, como se celebra, por que, a orixe dos castiñeiros, zonas de Galicia onde abonda esta árbore, a colleita de castañas...
Entre todos, falaremos sobre o que sabemos sobre o tema, consultaremos páxinas web e bibliografia diversa que atoparedes picando na imaxe de embaixo
Canto máis coñecemos as nosas tradicións, moito máis as disfrutamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario