Podería ser o comezo dun conto, pero non o é...
Hai moitos anos, 20 para ser exactos, adiviñades que grande poeta da nosa terra estivo no cole?
Dareivos unhas pistas...
- Naceu en Outeiro de Rei
- Estudou en Lugo
- Traballou como procurador en Monforte
- Dedicouse á política pero tamén a difundir e reconstruir a cultura galega, a lingua e os nosos sinais de identidade
- Foi xornalista, mestre, editor, libreiro ...
- Denunciou todo tipo de inxustizas: a emigración, a contaminacion dos mares, as indignas condicións laborais de moita xente...
Aínda nada?
Pois ... a ver se con estas outras pistas...
- Dedicouse á creación literaria: narrativa (13 obras), teatro (26 pezas), ensaio (13 obras) e , sobre todo, poesía (máis de 50 obras)
- Foi membro da Real Academia Galega
Xa adiviñastes, non si?
Pois, sí... Trátase de MANUEL MARÍA
Na Biblioteca temos varios dos libros que escribiu : "A tribo ten catro ríos","Viaxes e vagancias de MP","Cando o mar foi polo río", "Os soños na gaiola" "Terra Chá" , algúns deles coa súa sinatura e unha dedicatoria
manuelMAria by Slidely Photo Gallery
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Ningún comentario:
Publicar un comentario