O pasado 14 de xaneiro, a escritora e investigadora Marilar Aleixandre ingresou na Real Academia Galega, ocupando a cadeira que quedara baleiro tralo pasamento de Xose Neira Vilas.
Como bióloga profesora (primeiro nun instituto e actualmente na Universidade de Santiago ) foi pioneira no emprego do galego como lingua para o ensino das ciencias e é coautora dos dous primeiros libros de texto de ciencias en galego. Tamén é autora de numerosos artigos, ensaios e outros materiais sobre o ensino das ciencias.
TRAXECTORIA COMO ESCRITORA
A de escritora é a súa faceta máis coñecida. Aínda que naceu en Madrid e non chegou a Galicia ata os naos 70, emprega maioritariamente a lingua galega nas súas obras e ten recibido moitos galardóns .
"A formiga coxa" (1989) foi súa primeira obra de literatura infantil e xuvenil, á que seguirían outros 20 títulos como "Catro cascarolos", "A expedición do Pacífico" , " A cabeza de Medusa" , "O trasno de Alqueidón" ou "A ovella descarreirada", esta última en verso.
Tamén escribe narrativa para adultos "A compañía clandestina de contrapublicidade" ou "Teoría do caos" e poesía "Catálogo de Velenos", "Mudanzas" ou "Desescribindo", que acaba de saír da imprenta o pasado mes de decembro.
A SÚA LABOR NA ACADEMIA
Como membro da RAG marcou coma obxectivos fundamentais "dar visibilidade ás mulleres" e "achegar a Academia á cidadanía", de modo que a xente descubra "cousas útiles" nela tamén a través das escolas e "que a cultura galega dialogue coa realidade".

Ningún comentario:
Publicar un comentario