O termo Bookcrossing fai alusión á liberación de libros en lugares públicos ca fin de que outras persoas os atopen, os lean e os volvan a liberar.
Esta iniciativa xira en torno ás "3eRRes"
- Read (ler)
- Register (Rexistrar o libro xunto cos teus comentarios no diario de viaxe)
- Release (Liberalo para que o lea alguén màis)
O Bookcrossing é un fenómeno moi popular, tendo máis de dous millóns de usuarios rexistrados que teñen liberado cerca de 10 millóns de libros en 132 países.
Nós tamén queremos converternos en Bookcrossers e colaborar para converter o mundo nunha biblioteca global.
Na Biblioteca escolar fixemos entrega de 6 libros etiquetados para que fosen liberados . Así que. xa sabedes, se atopades un destes libros, deixádeo libre para que recorra o mundo...
A ver ata onde chegan!
Ningún comentario:
Publicar un comentario