O curso pasado aprendemos o que era o cinematógrafo: un aparello que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento.
E todos sabemos o que é un mago, non si? É unha persoa capaz de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes.
Entón, que é un CINEMATOMAGO?
Pois, segundo o Mago Paco, é un personaxe que converte as imaxes en movemento en maxia, así de sinxelo!
Co seu espectáculo, a "maxia do cine" fíxose realidade na nosa biblioteca grazas á ANPA,
que o convidou a vir.
A través da maxia, presentounos varias esceas de películas moi coñecidas: ET, Buscando a Nemo, A Sereíña, A guerra das Galaxias e moitas máis.
Como tivemos que axudarlle nalgúns trucos, descubrimos que no noso cole hai superheroes como Brais, con superpoderes superextraordinarios, capaces de adiviñar o que lle poñan diante.
Tamén que Lara e Hugo, grazas á telepatía, son quen de concentrarse e transmitir o que están a pensar. Iso sí, tiveron que axudarse dunha antena para captar mellor as ondas, todo hai que dicilo.
Tivemos sorte de que non desaparecera ningún de nós , porque os seus trucos son fantásticos!
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Cómo mola o noso cole!!
ResponderEliminar