As bibliotecas escolares, a nosa entre elas, celebraron tamén o seu día o pasado 24 de outubro programando actos específicos nos que lembrar as oportunidades que ofrecen para estimular a formación lectora do alumnado e reforzar a adquisición de todas as competencias e contidos incluídos no currículo.
A biblioteca escolar é a primeira biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do colexio. É a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar as outras, que os pon en contacto con eses outros espazos decoñecemento e de lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas (e todas boas), que son as bibliotecas públicas, eses lugares para a igualdade e a diversidade que son as BIBLIOTECAS.
(Texto da Asesoría de Bibliotecas Escolares)
Nós dedicamos toda a semana a coñecer un pouco máis a nosa Biblioteca a través dun Escape room, un xogo no que participaron todas as nenos e nenas acompañadxs por Efrén.
Tiveron que responder unha serie de cuestións e resolver uns cantos enigmas relacionados co coñecemento dos espazos da biblioteca, a distribución dos fondos, o uso das tablets e os buscadores de internet para lograr reunir as tres chaves que abrían a caixa onde estaba gardada a vacina para destruir o virus L1-XO, catalogado hai varios anos pola Dra. Ana Tureza. No proceso estiveron acompañados por Efrén, a nosa mascota e ata recibiron unha mensaxe da doutora en persoa:
Estas son as probas que tiveron que resolver xs alumnxs
2 Pistas Escape Room by Ceip Saco e Arce on Scribd
- Escape room en E Infantil
- Escape Room en E. Primaria
Noraboa aos nenos e nenas e aos mestres. Bicazos moitos. María.
ResponderEliminar