domingo, 5 de decembro de 2021

Calendario de Advento:24 lecturas

 Xa comezou a conta atrás para o día de Nadal. As vacacións están cada vez máis preto e o Apalpador, o Papá Noel ou os Reis Magos están agardando polas vosas cartas.

O Nadal é o momento ideal para compartir a maxia da lectura cos pequenos, cos maiores, cos amigos... Animámosvos a que poñades un libro novo ao voso carón ou nas mans de alguén a quen queredes . Porque ao recibir un libro, recibes un mundo ilimitado de imaxinación, de vivencias ...

Os libros non pasan de moda, non caducan, non deixan de ser útiles. Pola contra, medran connosco ao longo da nosa vida. Agardan nos andeis para volver regalarnos as súas historias, para que as leamos por primeira vez ou para que pasen ás mans dalguén que as saiba disfrutar.

Inspirándonos nos calendarios de Advento, aproveitamos para presentarvos  as novidades da biblioteca do cole no que se refire ao proxecto que estamos levando a cabo. Cada día do mes agocha unha sorpresa literaria detrás da porta. 

Seredes capaces de ir abrindo unha diariamente ou sodes dos/das que non podedes agardar ao final e abrirédelas todas o primeiro día?

Ningún comentario:

Publicar un comentario