xoves, 16 de novembro de 2023

O MAGOSTO

 

venres, 3 de novembro de 2023

Samaín/Halloween

mércores, 1 de novembro de 2023

Ana recibe premio ATRÉVETE

 



A nosa alumna Ana, recibiu en Santiago un premio con motivo do programa ATRÉVETE, no cal o alumnado dos colexios de Galicia fan propostas creativas. 

Ana tiña que crear un aparello que mellorara a vida en calquera aspecto. Ela ideou unha zapatilla acumuladora, que según vaiamos andando acumula enerxía na suela, onde leva tamén uns conectores USB para enchufar os cargadores de móbiles, por exemplo...

O grupo de 6º non podía faltar ao acto en recoñecemento ao labor da súa compañeira. 

Noraboa, ANA !!!

Saída á base dos helicópteros

martes, 31 de outubro de 2023

Videos sobre a igualdade

 

domingo, 22 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS

 




O 16 de outubro, celebramos no noso centro o Día das Escritoras, e como estamos moi orgullosos/as das nosas escritoras galegas, fixemos unha pequena exposición cos libros delas. Ademais, o alumnado de 4º de Ed. Primaria fixeron un recital de poemas de Yolanda Castaño, recente gañadora do Premio Nacional de Poesía coa súa obra 

" Materia ".

O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un pequeno traballo de investigación, buscando información na Biblioteca do centro acerca de escritoras galegas, e reflexionamos sobre o feito de que se lle adicou so en 5 ocasións este día ás mulleres.

Como o tema escollido nesta edición do día das escritoras é " O pracer, a alegría e a risa das mulleres ", o alumnado fixo unha manualidade dunha boca que representa a ledicia que sentimos por desfrutar do traballo destas autoras.


domingo, 1 de outubro de 2023

 Ola familias do CEIP Saco e Arce.

Comezamos un novo curso, o correspondente á temporada 23-24.

Xa temos as pilas cargadas e desexamos aprender moitas cousas, desfrutar da nosa aprendizaxe cos compañeiros e compañeiras deste curso e afondar os nosos coñecementos sobre un montón de cousas novas que iremos vendo ao longo do curso.

De anticipo, déixovos o lema deste curso pertencente ao proxecto de centro que imos levar a cabo, este curso adicado á IGUALDADE DE XÉNERO.




Boas prácticas para fomentar a igualdade no entorno escolar

A base da educación en igualdade está n afirmación dunha actitude crítica desde a infancia. Non debemos infravalorar esta etapa, posto que desde o nacimento xa se constitúe a identidade de xénero da persoa e se establecen os pilares sobre os que se desenvolverá a personalidade do individuo e os seus valores.

A mellor forma de fomentar a igualdade é practicar co exemplo. De nada serve promover o rexeitamento á discriminación de xénero con actividades socioeducativas, se no día a día non nos esforzamos por transmitilo cos nosos valores, actitudes e formas de expresión.

Como en todos os ámbitos educativos, o reforzo positivo posúe moita máis forza e oferta mellores resultados. A atención e o afecto son o mellor estímulo para que o alumnado incorpore os valores de igualdade no deu desenvolvemento.

 

A realización de dinámicas coeducativas e de fomento da igualdade non deben ser una actividade puntual, se non formar parte da rutina diaria. Calquera actividade ou xogo pode ser o escenario perfecto para practicar a igualdade de oportunidades.

 

Lembrar así mesmo que a Igualdade de xénero é un dos obxectivos do desenvolvemento sostible  




              https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/gender-equality/


O MOLDAVA

 Como fin de proxecto sobre a AUGA, realizouse unha análise da obra clásica O MOLDAVA de Bedrich Smetana na que colaboraron os alumnos e alumnas de varios cursos. O resultado plasmouse nunhas viñetas das partes que integran dita obra e que ahora vos mostramos.




luns, 3 de xullo de 2023

FIN DE CURSO

domingo, 2 de xullo de 2023

EXCURSIÓN A CORUÑA