luns, 31 de marzo de 2014

Xogando ...

Como dicía a miña avoa : "Todo se pega!"
O outro día,  ao entrar na biblio, sorprendemos a este grupo xogando.
 Quedamos escoitando, e adiviñades a que xogaban? A prestar e devolver libros...
Jose era o bibliotecario e "anotaba" no ordenador os libros que levaban os demais.
Deixovos a escea en cómic:

xoves, 27 de marzo de 2014

Poesía na equipaxe

O Día da Poesía coincide coa chegada da primavera, tema que ten inspirado a poetas de todas as épocas e lugares
.A primavera  é unha  época do ano ideal para viaxar.
Nós quixemos mesturar estas dúas cousas e buscamos nos libros da biblio poemas que falaran de viaxes, poemas que falaran de  países lonxanos, poemas noutras linguas ... porque a poesía é un territorio universal onde os pobos mais alexados poden xuntarse mediante palabras de todas as cores, ritmos e sons.
Lémolos e despois, cada clase creou un poema dedicado ao país sobre o que está pescudando dentro do Proxecto anual  "A volta ao mundo con Efrén". Para recibir a primavera coa equipaxe  cheíña de poesía...

domingo, 23 de marzo de 2014

O noso bosque da poesía

Todos sabemos que o día 21 de marzo é un día moi "completiño": comeza a primavera, é o Día das Árbores e o Día da Poesía.
Nós quixemos reunir todo iso e argallamos esta actividade .
Cada clase elixiu a silueta dunha árbore .  Levámola á casa e tivemos que buscar un poema dedicado a unha árbore ou ao bosque.
 Podiamos buscar nun libro de poemas, podiamos pedir axuda aos papás, mamás, avós... Podiamos crear o noso propio poema...
 O caso era atopar unha poesía que nos gustara ... e escribila na nosa árbore .
Así é como loce o noso bosque da poesía:

sábado, 22 de marzo de 2014

21 de marzo, Día das Árbores

Como case todos os anos, recibimos a visita de Xosé Santos, o técnico forestal, que sempre que se achega ao cole trata de trasmitirnos o seu amor polas árbores e a natureza.
Esta vez viña moi ben acompañado... O profe Pepe veu axudarnos coas actividades e a plantación ...
Hai xente que colecciona cromos... Nós coleccionamos árbores.
Cada ano, polo Día da Árbore, Santos aparece cargado con especies diferentes. Hoxe trouxo abetos de Douglas, pradairos, cerdeiras, e algún carballo.
Cando pasen uns anos, o noso patio será un espazo   onde os paxaros, os esquíos e os coellos atoparán acubillo e non pasarán fame.
Agora só nos queda coidar as nosas árbores para que medren e dean froitos... 
Podedes ver as fotos aqui abaixo. (A canción é de Paco Nogueiras Nodar e titúlase "Cos pés na terra", como o noso proxecto de hai tres anos)



Pero este ano, Santos trouxo tamén un xogo de orientación.
Como sabe que estamos "viaxando ao redor do mundo"...

<

mércores, 19 de marzo de 2014

Medramos compartindo ...

Outra das actividades das semanas da Paz e do Amor  foi o traballo colaborativo levado a cabo entre os nenos e nenas de 2º de EP e os de EI 3.
Os maiores axudaron aos "peques"  a que "desen a lata" da mellor maneira posible.
Como?
Compartindo o seu tempo con eles e axudándolles a dar os últimos toques á decoración  das súas latas.

Podedes velo todo no video que prepararon as profes no que proclaman aos catro ventos a amizade que xurdiu entre tod@s eles.

 

Xornalistas pola PAZ


Tardamos un pouco, pero... todo o bo se fai esperar !
Presentámosvos o terceiro número da nosa  revista de PAZ, na que todas as nenas e nenos do cole se converten en xornalistas e redactan noticias que non é doado atopar nos xornais : noticias que falan de colaboración, tolerancia,  xustiza, amizade, alegría...
Que máis se pode pedir?

domingo, 9 de marzo de 2014

Rosalía

Esta é a homenaxe das nenas e nenos de 6º  no Día de Rosalía.
Traducimos ao inglés os primeiros versos do seu poema "Adiós ríos, adiós fontes".
A ver que vos parece a montaxe que fixemos:


Rosalia de Castro Day - 24/02/2014
"Adios rios, adios fontes" translated into English by Students in Grade 6 -

luns, 3 de marzo de 2014

Festa de Entroido

Todos os Entroidos, moit@s nais, pais, avoas, avós... e demais familia achéganse ao cole para ver os disfraces que elaboramos axudados polas profes, e nanlgúns casos, polas mamás ...
Este ano, o tempo non deu tregua, e tivemos que facer o desfile no interior por mor da chuvia. 
Pero, aínda a pesar do reducido do espazo, pasámolo estupendamente:



Festa de Entroido no CEIP Saco e Arce.
Proxecto; "A volta ao mundo con Efrén"

Semana de Entroido



 O luns, Efrén e un amigo que veu de visita apareceron disfrazados de Willy Fogg e Romy, os personaxes da serie de debuxos animados "A volta ao mundo"
Estamos tod@s (profes, mamás, papás, avoas... e nen@s ) traballando arreo para ter preparados os nosos disfraces para a festa do venres.... se o tempo o permite.

... Porque este  ano, con tanta chuvia e tanto vento ...
 Non sei ..., non sei como andará a cousa...
Dende logo, ímolo pasar ben de calquera maneira...


Comezamos a semana cos  Mandadiños de Efrén:


De tanto viaxar polo mundo , fómonos acostumando aos cambios:
Cambio de hora...
Cambio de moeda...
Cambio de idioma...
CAMBIOS, CAMBIOS, CAMBIOS...


Vede o resume da semana
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free picture slideshow

Tamén andamos atarefados ensaiando a canción que escribiron os nen@s maiores coa profe de música.
A música é da Orquesta Mondragón: " Ven Viaxar Connosco"



luns, 17 de febreiro de 2014

Amamos a lectura!




Inculcar as nenas e nenos o amor pola lectura é un dos mellores regalos que podemos facerlles.
A lectura dalles a oportunidade de experimentar sensacións e sentimentos cos que maduran e aprenden, ademas de disfrutar. Medran en todos os sentidos!
Cun libro na man rin, soñan, e coñecen outros mundos ... ou polo menos iso é o que din eles ...



Efrén fixo un intercambio con todas a s nenas e nenos:
 un corazón de chocolate a cambio dun corazón onde explicasen o seu AMOR  a LECTURA:

xoves, 13 de febreiro de 2014

Cita a cegas ...

A mellor forma de saber si unha historia merece a pena é ler unhas cantas páxinas.  Pero ás veces xulgamos inxustamente un libro pola súa portada ou polo seu título. Se non nos parecen atractivos, devolvémolo ao andel.
Ás veces, na biblioteca  temos libros que, a pesar da súa calidade, por unha razón ou outra están "coleccionando polvo". 
Na Biblioteca pública de Os Anxeles (USA) naceu  a iniciativa "Cita a cegas cun libro" (en inglés Blind date with a book) unha idea á que se foron  unindo outras bibliotecas e tamén librarías.
Pareceunos unha actividade moi axeitada para celebrar o San Valentín, e sumámonos ao proxecto, adaptándoo as idades d@s nos@s alumn@s.
Seleccionamos uns cantos libros, envolvémolos  en papel  (de periódico, para darlle un aire de misterio) e pegamos uns corazóns de cores (por aquelo da data a celebrar) cunha pequenas pistas sobre o xénero e a historia... e un pequeno texto coma este:
" Colle este libro, lévao á casa e desenvólveo.
Ensínalle o teu lugar favorito para ler, comparte con él a túa merenda ou móstrallo aos teus amigos.
 Quen sabe... Ao mellor tendes futuro..."
Dentro do libro introducimos un formulario para "valorar a cita", que se deixará na biblioteca unha vez cuberto.

Formulario valoración da "cita a cegas"
   
                                                
  
                      Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design personalized with Smilebox

domingo, 2 de febreiro de 2014

Dando a lata...

Quizais non estea nas nosas mans encher de paz todo o mundo, pero sí podemos encher o noso arredor con bicos, con apertas e con xestos de afecto. Con palabras amables, con bromas, con aloumiños e con risas.
A paz do mundo comeza cun sorriso.
A paz do mundo está no sorriso das nenas e nenos. 
Pol@s nos@s nen@s, c@s nos@s nen@s... fagamos posible un mundo de PAZ.

 Gustounos tanto a idea proposta polo CEIP Barrié de la Maza, que este ano,  decidimos unirnos á Latucada pola PAZ. 

Este foi o resultado:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free picture slideshow

Escoitade as nosas cancións:

  • Rock sen guerra: A paz é a meta
Na clase de música escribimos este poema de Paz que terminou por converterse no himno do cole.
Cantámolo acompañado con percusión a ritmo da canción "We will rock you" de Queen.
É unha canción que medra por estas datas, xa que lle imos engadindo unha estrofa adaptada ao proxecto de cada ano. Así soa a ritmo de latucada:

  • O mundo é grande
Esta é a nosa versión da canción de Mamá Cabra, para cantar o día da Paz a ritmo de latucada. Reescribímola adaptándoa ao noso proxecto: A Volta ao Mundo con Efrén.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Regalamos contos de PAZ

Para conmemorar o Día escolar pola PAZ, as e os axudantes de biblioteca prestáronse voluntarios a preparar un conto e lerllo aos seus compañeir@s.
Tivemos unha reunión para elixir os contos e "sortear" a que clase lle ía ler cada un... e durante as semanas previas á celebración conxunta, regalaron contos de paz aos compañeiros
 (Se picades nas portadas poderedes escoitar ou ler o conto)

Día 17: Lúa e Fani  len "Negros e Brancos" de David McKee @s nen@s de EI 5 (Actividades LIM de Julia Pérez Vázquez)


Día 20: Jesica le "Nadarín" de Leo Lionni  aos nenos e nenas de EI3

 
Día 21: Alex le "Pequeno azul e pequeno amarelo" as nenas e nenos de EI4


Día 22: Brayan le "A guerra dos números" a 1º de EP



Día 23: Irene le "E  que podo facer eu?" a 2º de EP


                                                       

Día24: Diego le "Kofu, o neno de chocolate" a 3º de EP


 

Día 27: Yago le "Laura e compañia saben comportarse" a EI3



Día 28: Clara le "Mellor falar que pelexar" a EI4



Día 29: Fermín le "A partes iguais" a EI5








Día 30: Lucía le "O Señor Guerra e a señora Paz" a 1º EP
Día 31: Sofía le "Leonor y la paloma de la paz" a 2º de EP