domingo, 25 de marzo de 2012

Poesía ao aire libre

O 21 de marzo, como na maioría dos "coles" celebramos o Día Mundial da Poesía.
Como? Cun recital de poesía, como non podía ser menos!

 Por grupos, parellas ou individualmente eliximos (ou, máis dificil ainda, escribimos) un poema (ou dous...) e recitámosllo @s compañeir@s.
 Fixémolo ao aire libre, por aquilo de respirar aire puro e para deixarnos inspirar pola paisaxe do noso redor. Ao rematar, colocamos cada poema pendurado do tronco das nosas árbores, para que este día non pasase inadvertido fóra da escola.
 E asegúrovos que tivo éxito a iniciativa, pois dende as ventás observamos como varias persoas se paraban a ler os nosos poemas.
Dedicade un anaco a ver o video do recital:



Aquí vos deixo a recompilación de poemas que recitamos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario